Organización

 

Martiño Noriega critica o uso partidista das institucións en campaña electoral e anima á Xunta de Galicia a asumir as súas responsabilidades co Concello.

· O alcalde en funcións reivindicou o investimento na planta potabilizadora, o desbloqueo do centro de día e o futuro centro de saúde na Ramallosa, dependentes da Xunta de Galicia

· Aproveitou a comparecencia diante dos medios de comunicación, acompañado dos outros oito concelleiros electos do BNG, para agradecer os resultados electorais e destacou a “responsabilidade de non defraudar aos veciños e veciñas”
 [+]


Martiño Noriega anima á cidadanía a facer un trato que ratifique o domingo 22 de maio "esta marea imparable que non renuncia a rematar o traballo iniciado hai catro anos.

• O candidato á alcaldía reivindica a política como unha ferramenta de transformación diante da ameaza dos poderes que non acuden ás urnas.

• Xosé Manuel Beiras apoiou coa súa presenza ao candidato do BNG de Teo e puxo Teo como modelo do que debe ser a práctica política dende os cargos públicos. [+]


Martiño Noriega céntrase na última semana de campaña en Calo e Rarís, onde presume dunha xestión que priorizou equipamentos sociocomunitarios e servizos básicos.

• En Rarís o mitin celébrase na Casa Común, que cando o BNG comezou a gobernar no ano 2007, era un edificio sen rematar.

• A candidatura nacionalista realiza hoxe un mitin en Casalonga -Calo- e pecha a campaña tamén nesta parroquia onde contará coa presenza de Xosé Manuel Beiras. [+]


O BNG de Teo celebra o Día Das Letras Galegas cunha solta de 1.000 libros en lugares públicos de todas as parroquias do concello.

• Trátase dunha iniciativa que a candidatura nacionalista xa realizara na campaña das eleccións municipais de 2.007.

• O candidato á alcaldía nacionalista, Martiño Noriega, estará esta tarde en Vilariño e mañá en Solláns. [+]


O BNG de Teo continuará defendendo os intereses da cidadanía diante doutras institucións.


• Incidirase na posta en marcha das liñas de transporte metropolitana internas ou no incremento da seguridade viaria na N-550.

• A Xunta de Galicia terá que desbloquear infraestructuras como o Centro de Día, o investimento na ETAP ou o centro de saúde na Ramallosa. [+]


Programa electoral para a parroquia de Cacheiras

 [+]


Programa electoral para a parroquia de Lampai

 [+]


Programa electoral para a parroquia de Reis

 [+]


Programa electoral para a parroquia de Teo, Bamonde e Vilariño

 [+]


Programa electoral do BNG de Teo.

 [+]