ACTO DO BNG SOBRE AS PARTICIPACIONS PREFERENTES

O BNG de Teo defendeu no pleno do Concello unha moción na que se insta á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado a que adopten as medidas efectivas de protección dos clientes das entidades financieiras que investiron os seus aforros en produtos financieiros opacos sen que fosen debidamente informados dos riscos e sen que se cumprisen as obrigas establecidas na normativa, co fin de que poidan recuperar os seus aforros no prazo de tempo máis breve posíbel. A solución para o BNG está clara: que se lle devolvan os cartos aos aforradores e aforradoras que foron enganados/as coas preferentes, suboordinadas e outros produtos complexos con alto risco.

O BNG ante este grave problema está celebrando actos informativos e participativos sobre esta cuestión, como o que tivo lugar en Cacheiras o pasado mércores 9 de maio e no que contamos coa participación do noso portavoz municipal, Manuel Anxo F. Baz, e o deputado Carlos Aymerich. Un acto-charla no que interviron persoas que foron estafadas con estes produtos financieiros.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]