Novas

  

As propostas da Alcaldía incrementan as dedicacións da equipa de goberno nuns 27.000 €/ano.

No pleno de organización do martes 5 de xullo o Alcalde aplicou a súa maioría absoluta para impór unha nova dedicación exclusiva de dubidosa legalidade e elevar a uns 71.000 €/ano o custo da súa equipa de goberno. [+]


O BNG CONTINUARÁ DESENVOLVENDO UNHA OPOSICIÓN CONSTRUCTIVA E DE CONTROL, NO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL.

O BNG agradece as veciñas e veciños que o día 22 nos apoiaron co seu voto, a confianza amosada nas nosas propostas de futuro para Taboada e no traballo desenvolvido o longo destes catro anos.  [+]



O BNG reforza a súa candidatura cun 40 % de integrantes directamente relacionados co sector agrogandeiro.

A candidatura do BNG recoñecelle o principal sector económico do noso concello a importancia que ten, e incorpora asemade traballadores publicos con amplos coñecementos en servizos de especial relevancia para o rural: o sanitario, o da educación, o de correos, o do desenvolvemento rural. [+]


O BNG reclama da XUNTA unha solución para a falta de farmacias de garda en Taboada.

Dende o BNG reclamamos a Consellería de Sanidade unha solución os problemas e molestias que ocasiona os veciños de Taboada terse que desprazar entre 20 e 30 Km. a maiores cando non esta de garda a farmacia de Guntín. [+]


O BNG continua a reclamar un “Centro de Día” público para Taboada.

O BNG ven de preguntar o Goberno da XUNTA por cando ten pensado dotar a Taboada dun “Centro de Día” público que atenda a crecente demanda que deste servizo hai no Concello. [+]