As nevadas e as xeadas das últimas horas amosan a inoperancia do goberno municipal.

Hoxe luns 11 de xaneiro ás 10:30 h. as rúas e beirarrúas de Taboada estaban cubertas de neve e xeo ao igual que quedaran onte pola tarde despois da nevada. Non houbo ningunha actuación dende a Alcaldía, para minorar o impacto negativo na vida diaria destas adversas condicións meteorolóxicas; porén  asistimos a como as veciñas e vecviños tiveron que irse apañando como puideron.

Non se entende que si non se suspendeu a actividade da Galescola, a hora de entrar (10:00 h.) os accesos estiveran impracticables e as zonas de paso dos patios cubertas de neve e xeo. Estes problemas son extensivos a todos os servizos que ofrece o núcleo urbano: médicos, oficinas municipais, ...

Todo isto acontece despois de que o BNG xa preguntase no último pleno ordinario de decembro pola mesma situación acaecida nas dúas semanas anteriores, con similares incidencias metereoloxicas, e o Alcalde contestase que xa tiña establecido un plan de actuación para estes casos e xa o aplicaban. Confirmase que iso non era certo e que se actúa con total improvisación.

Estas situacións fan reflexionar os veciños sobre si son necesarios os dous salarios da equipa de goberno ou ter unha plantilla de traballadores municipais tan ampla.

No BNG agardamos que de cara o futuro se apredese algo e que a equipa de goberno non repita estes mesmos erros, e que non se poidan producir consecuencias peores. Polo que volveremos a preguntar o Alcalde no vindeiro pleno sobre este asunto.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]