O PP de Taboada engana e minte aos veciños e veciñas levando ao Pleno e aprobando propostas que en poucos meses negase a cumprir.

Con esta decisión a Equipa de Goberno amosa o seu desprezo polo único órgano de goberno do Concello plural, e amósalles os veciños e veciñas de Taboada o escaso valor que lle da os seus propios acordos. Isto fará que os veciños dubiden aínda con máis razón, dos acordos a que chega con eles o actual Alcalde.

O BNG amosa, asemade, a súa preocupación por como o Concello fará fronte a próxima avaría que se presente nas redes de Saneamento, Abastecemento, e Distribución de auga. Xa que a partida que figura nos orzamentos hai tempo que estaría xa esgotada, e hai traballos importantes feitos e sen pagar. Algún incluso do ano pasado.

Agardamos que os veciños non teñan que sufrir graves consecuencias por  futuras avarías que tardan en amañarse; como a de pagar o longo de todo o ano por unha auga de baixísima calidade. Se non obsérvese a cor e o olor da auga da billa estes días.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]