O BNG critica que a equipa de goberno decidise gastar outros 12.000 € nunha segunda fase de obras no campo de fútbol de adestramento da medela.
Dende o BNG consideramos excesiva a cantidade invertida nesta instalación, nos tempos que corren. Máis se cabe tendo en conta que eses cartos deixáronse de inverter: na mellora de accesos públicos as explotacións agrogandeiras, coma se acordara nunha comisión municipal; e en completar as obras do parque empresarial que lle toca executar o Concello.
Todo isto amosa a incapacidade da equipa de goberno para determinar as prioridades á hora de inverter os escasos recursos con que conta o Concello. Por non falar da falta de seguimento dos proxectos que deciden executar, e que como no caso que nos ocupa implica un sobrecusto dos mesmos.