O BNG prioriza as inversións relacionadas co tecido produtivo e o aforro enerxético nas súas propostas para executar o “Fondo estatal para el empleo y la sostenibilidad local 2010”.
Os 375.997 € que lle corresponden a Taboada deben servir para mellorar as condicións dos nosos sectores produtivos e tratar de reducir gastos correntes do Concello, coma o enerxético.
Dende o BNG propomos os seguintes proxectos que complementan os iniciados co FEIL de 2009 nestas mesmas liñas de actuación:
- Completar o arranxo dos accesos a explotacións agrogandeiras que quedaron sen executar co anterior plan.
- Continuar coa parte das obras do parque empresarial que lle toca executar o Concello.
- Deseñar e iniciar a execución dun plan de aforro enerxético para os servizos, instalacións e edificios municipais. O que incluiría iluminación pública, instalacións de bombeo, calefacción, ....
- Mellora do acceso sur a vila de Taboada dende a estrada nacional N-540; encamiñado a garantir a seguridade dos peóns e vehículos.