O BNG reclama da XUNTA unha solución para a falta de farmacias de garda en Taboada.
O BNG ven de presentar no parlamento galego unha serie de preguntas o Goberno da Xunta para aclarar a que se debe este trato discriminatorio entre galegos dependendo do seu concello de residencia.
Os veciños e veciñas de Taboada aínda están agardando que o sr. Alcalde se manifeste a respecto deste asunto. Agardamos que coma ven acontecendo ultimamente, non se escude, unha vez máis, na súa falta de competencias, para non defender os intereses dos veciños e veciñas do noso Concello.
Non é de recibo que cando se acode de urxencia o PAC de Guntín (o asignado a Taboada) é hai que adquirir algún medicamento fora do horario habitual das farmacias, as veciñas e veciños de Taboada teñan que percorrer entre 20 e 30 Km. a maiores. Isto acontece cando a farmacia de Guntín non esta de garda e hai que acudir a de Lousada (Concello de Guntín pero a uns 10 Km. da anterior) ou a de Chantada (a uns 15 Km. do núcleo de Taboada).
Dende o BNG continuaremos reivindicando, coma fixemos no seu día, as gardas médicas para Taboada. Xa que este novo problema ven derivado da decisión de suprimir as gardas médicas; e hasta o de agora veuse adiando esta problemática das farmacias pola vontade que tiveron as farmacias de Taboada de facer as gardas sen estar obrigadas. Pero esta situación mudou hai un par de meses o deixar de facer esas gardas voluntarias.