As propostas da Alcaldía incrementan as dedicacións da equipa de goberno nuns 27.000 €/ano.
O BNG votou en contra destes incrementos e fixo fincapé no fraude de lei que implica crear unha nova dedicación exclusiva por un problema de incompatibilidades e pretender despois que o referido concelleiro continúe realizando parte das actividades que xa desenvolvía.
En relación con isto non se entende que o Alcalde pretenda facerlle crer as veciñas e veciños de Taboada que isto non implicará un maior gasto para as arcas municipais; xa que alguén terá que facer o traballo que desenvolvía coma traballador municipal este novo concelleiro.
Dende o BNG solicitamos unha maior dedicación real do Alcalde o Concello que repercuta nunha mellor xestión do mesmo. Non se entende que a 1ª tenente de alcalde repita na responsabilidade de tesoureira, e nas de cultura-turismo-industria-comercio, cando nestes catro anos foi incapaz de por ó día as contas das instalacións municipais de Pontemourulle e de regularizar o cobro das taxas e impostos municipais.
Isto último recollese na Liquidación de 2010 das contas municipais e no informe de Intervención relativo o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Onde, unha vez máis, a liquidación presenta indicadores negativos e volvese a librar da obriga de ter que realizar un plan de axuste e saneamento financeiro por moi escasa marxe.
Para o BNG as contas do Concello seguen a ser pouco realistas xa que continúan sen regularizar a situación de cobros e pagos pendentes dende os anos 90. Seguimos considerando imprescindible a posta en marcha dun plan de saneamento económico.
Despois do pleno de onte o BNG fará seguimento das posibles incompatibilidades legais, políticas, e éticas que poidan xurdir entre as responsabilidades asumidas polos concelleiros do Partido Popular, segundo a resolución da Alcaldía, e seu desempeño de cargos directivos en diferentes entidades do noso ámbito municipal.