O BNG CONTINUARÁ DESENVOLVENDO UNHA OPOSICIÓN CONSTRUCTIVA E DE CONTROL, NO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL.
Respectamos a decisión das veciñas e veciños de Taboada de darlle un voto de confianza os candidatos do PP e do PSOE que se presentaban por primeira vez a Alcaldía nunhas eleccións. E tomamos en consideración que o resultado electoral de onte dáse nun contexto político xeral moi determinado, e moi diferente ao de hai catro anos.
Dada a actual situación política e económica, e a vista dos resultados entendemos que os votantes exerceron o seu dereito pensando máis no presente que no futuro de Taboada.
Dende o BNG agardamos que isto non supoña unha renuncia a ese futuro, polo cal seguiremos a traballar nos diferentes ámbitos sociais e institucionais.