Novas

  

Galiza Nova celebra este sábado 16 de Xullo un acto de restitución do "A" no topónimo ornamental da Bandeira

15 de Xullo de 2011

Dende a organización local de Galiza Nova vimos de organizar un acto de restitución do “A” no topónimo ornamental da entrada da vila da Bandeira, que fora estragada por uns vándalos e que a Concellería de obras obviou ao arranxalo. [+]


O BNG de Silleda asinan o pacto de goberno

7 de Xullo de 2011

Despois de unha serie de reunións e de unhas negociacións longas o BNG de Silleda mais o PSOE-PSdG de Silleda chegan a un acordo de goberno. [+]


O PSdG PSOE de Silleda e o BNG chegan a un acordo de investidura e a un principio de constitución de goberno estábel

10 de Xuño de 2011

O Partido dos Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego de Silleda, adquiriron un compromiso formal de acadar a investidura maioritaria na sesión de toma de posesión e dar unha estabilidade para a gobernación do Concello de Silleda.

  [+]


O BNG de Silleda defende a súa honradez na política e reitera a falta de transparencia nas contratacións do concello

29 de Maio de 2011

O BNG de Silleda por medio do seu concelleiro Matías Rodríguez da Torre, volveu reiterar as críticas vertidas sobre o goberno municipal pola falta total de transparencia (ao igual que na anualidade anterior) na contratación de traballadores dependentes do Plan de Cooperación 2011 da Consellaría de Traballo.

A demostración palpábel disto –indica o portavoz nacionalista- “é a falta de publicidade e o descoñecemento dos demandantes de emprego do Concello de Silleda da existencia desta oferta de emprego pública”. Segue o concelleiro antedito asegurando, “que el soubo en marzo por mediación da Alcaldesa que o Concello ía solicitar da Xunta un total de 30 postos de traballo deste Plan (entre os que se incluían os membros do GRUMIR, contratados xa hai meses coa mesma escuridade que os anos anteriores), finalmente confirmoulle a portavoz do PSOE Paula Fernández o pasado venres que eran un total de 13 os postos ofertados no INEM”. [+]


O BNG pide que o concello de Silleda publicite os postos de traballo do plan de cooperación e non se contraten co goberno en funcións

27 de Maio de 2011

O BNG de Silleda considera que os 13 postos de traballo temporais (1 para a xestión de Carboeiro, 6 para o servizo de obras e infraestruturas, 3 para desenvolvemento deportivo como socorristas e 3 para o servizo de conservación de xardinería) que se van conceder por parte da Consellaría de Traballo no ámbito dos Plans de Cooperación 2011 da Xunta de Galiza, deben ser publicitados convenientemente entre os silledenses para poder optar a eles en igualdade de condicións na súa inscrición no INEM, ademais de proceder a unhas bases de contratación pública e unha selección obxectiva que cumpra coas expectativas da orde da Xunta e os méritos do persoal demandado. [+]


O BNG de Silleda mostra a súa indignación por non aceptar o PP o debate público entre candidatos

20 de Maio de 2011

O candidato á Alcaldía de Silleda polo BNG Matías Rodríguez da Torre, deu a coñecer no último día de campaña a falta de resposta do Partido Papular para participar nun debate público a catro entre os candidatos e candidata destas dúas organizacións, mais o PSOE e o PPS [+]