Novas
Davila demanda ao Goberno unha rebaixa da peaxe da AP-53 entre Santiago e Lalín, unha das máis caras do Estado
26 de Marzo de 2012
A deputada do BNG pón de manifesto que nos últimos catro anos as subas aprobadas por Fomento supuxeron un encarecemento da peaxe de “nada menos que do 41%”
A deputada do BNG denuncia que o tramo Santiago-Lalín da autoestrada AP-53 ten unha das peaxes máis caras do Estado, o que “imposibilita a función para a que se construiu no seu día, e que debía servir para vertebrar e favorecer o desenvolvemento económico do interior de Galiza”.
Davila lembra que este tramo da AP-53 é de titularidade estatal, “a pesar de que as obras foron custeadas pola Xunta, con 60 millóns de euros, e pola concesionaria e varios inversores privados, con 158 millóns. [+]
Constitúese o Consello Comarcal do BNG de A Estrada - Deza
18 de Marzo de 2012
O Consello Comarcal do BNG da Estrada-Deza quedou constituído o pasado xoves 15.
Cinco membros do CC son militantes do BNG de Silleda, entre eles están: Oscar Ares (responsábel local), Carme Fidalgo, Matías Rodriguez, Tania Cornado e Pablo Santomé.
Aprobouse por unanimidade a distribución das Responsabilidades polos 20 integrantes do CC asistentes á reunión. Resultaron designados responsables , Mar Vila -Organización- , Carme Fidalgo -Finanzas -, Manuel Rendo -Municipal- e Xesús Cordeiro, Menfis, que asume Comunicación xunto co Vicerresponsábel -Matías da Torre-, os cinco máis a Responsábel Comarcal -Raquel López-, conforman a Executiva Comarcal. [+]
A asemblea local do BNG de Silleda escolle novo consello local, e elixe por unanimidade a Oscar Ares como responsábel local.
25 de Febreiro de 2012
O Consello Local é o órgano de coordenación e dinamización da política do BNG no Concello de Silleda, compételle, xunto co grupo municipal, a representación pública da organización no município e a concreción das liñas de actuación política. [+]
Matías R. da Torre pide unha maior implicación das Administracións supramunicipais na posta en valor dos Xenerais da Ulla
26 de decembro de 2011
O concelleiro de Cultura e Turismo de Silleda asistiu á reunión de traballo xunto cos representantes doutros sete concellos coa secretaria xeral de Turismo. [+]
A papelada invade Silleda novamente en campaña electoral, PP e PSOE pegan carteis indiscriminadamente sen ningún sentido da limpeza e urbanidade.
14 de Novemdro de 2011
O BNG observou novamente logo de facer unha campaña baseada na colocación de bandeirolas propagandísticas onde ordena a xunta electoral, e colocación de carteis unicamente nos puntos municipais de infomación tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias e aqueles negocios que así o permitiron, como tanto o PP como o PSOE volveron encher indiscriminadamente as paredes, valos, marquesiñas, sinais, e demais mobiliario público e privado de carteis, sen o máis mínimo sentido da limpeza urbana. [+]
O BNG de Silleda realiza un reparto informativo na feira da Bandeira.
14 de Outubro de 2011
O concelleiro do BNG de Silleda Matías Rodriguez Da Torre e un grupo de militantes do BNG de Silleda presentaron ao BNG como a única garantía de que Galiza vaia estar presente en Madrid a partir do 20-N, porque canta máis forza teña o BNG en Madrid mellor lle irá a Galiza.
E é que fronte ás políticas fracasadas de PP e PSOE, hai alternativa, a alternativa galega e de esquerdas que é o BNG. [+]