Novas

  

Da Torre pídelle ao PP que fundamente as súas críticas sobre o tema da SGAE e non danen o exercicio democrático dos Consellos Parroquiais

21 de Abril de 2012

O concelleiro de Cultura e Turismo volve reiterarse nos seus argumentos sobre a débeda, porque foi público e notorio que o Concello non organizou as festas e polo tanto a SGAE non pode esixirlle o pagamento á administración local. [+]


O BNG de Silleda estivo ao carón dos traballadores e traballadoras na primeira manifestación da historia dunha folga xeral en Trasdeza

30 de marzo de 2012

Silleda foi unha das localidades de Galiza donde o sindicalismo nacionalista convocou manifestacións xuntando arredor de 200 persoas.

  [+]


O BNG A Estrada-Deza mostra o seu total apoio á Folga Xeral do 29 de marzo de 2012 e convoca á cidadanía respaldala

27 de Marzo de 2012

Uha representación do BNG da comarca A Estrada –Deza, encabezada pola responsábel comarcal e concelleiros e concelleiras da organización nacionalista deron hoxe conta da súa visión da reforma laboral recentemente aprobada polo Goberno do Estado, a través do Real Decreto-Lei 3/2012, do 10 de febreiro, constitúe outro chanzo máis na aplicación de políticas regresivas e inxustas socialmente.

O BNG de Silleda forzou o adianto do pleno municipal para acordar co socio de goberno non celebralo o día da folga xeral. A presenza do BNG no goberno de Silleda móstrase fundamental  para garantir coas súas propostas o dereito a folga por vez primeira no concello de Silleda. [+]


Davila demanda ao Goberno unha rebaixa da peaxe da AP-53 entre Santiago e Lalín, unha das máis caras do Estado

26 de Marzo de 2012

A deputada do BNG pón de manifesto que nos últimos catro anos as subas aprobadas por Fomento supuxeron un encarecemento da peaxe de “nada menos que do 41%”

A deputada do BNG denuncia que o tramo Santiago-Lalín da autoestrada AP-53 ten unha das peaxes máis caras do Estado, o que “imposibilita a función para a que se construiu no seu día, e que debía servir para vertebrar e favorecer o desenvolvemento económico do interior de  Galiza”.
Davila lembra que este tramo da AP-53 é de titularidade estatal, “a pesar de que as obras foron custeadas pola Xunta, con 60 millóns de euros, e pola concesionaria e varios inversores privados, con 158 millóns. [+]


Constitúese o Consello Comarcal do BNG de A Estrada - Deza

18 de Marzo de 2012

O Consello Comarcal do BNG da Estrada-Deza quedou constituído o pasado xoves 15.

Cinco membros do CC son militantes do BNG de Silleda, entre eles están: Oscar Ares (responsábel local), Carme Fidalgo, Matías Rodriguez, Tania Cornado e Pablo Santomé.

Aprobouse por unanimidade a distribución das Responsabilidades polos 20 integrantes do CC asistentes á reunión. Resultaron designados responsables , Mar Vila -Organización- , Carme Fidalgo -Finanzas -, Manuel Rendo -Municipal- e Xesús Cordeiro, Menfis, que asume Comunicación xunto co Vicerresponsábel -Matías da Torre-, os cinco máis a Responsábel Comarcal -Raquel López-, conforman a Executiva Comarcal. [+]


A asemblea local do BNG de Silleda escolle novo consello local, e elixe por unanimidade a Oscar Ares como responsábel local.

25 de Febreiro de 2012

O Consello Local é o órgano de coordenación e dinamización da política do BNG no Concello de Silleda, compételle, xunto co grupo municipal, a representación pública da organización no município e a concreción das liñas de actuación política. [+]