O BNG recórdalle a Espiño que as súas áreas de goberno son cultura, educación, turismo e participación cidadá

A concellería de cultura non comprende nas súas responsabilidades nin nas súas competencias a casa da xuventude, sendo este edificio regulado pola concellaría de xuventude, e a contratación de persoal é competencia da concelleira da área ou da concelleira de persoal –esta última é unha carteira da Alcaldía, que, por certo, é a única que ten coñecemento directo de todas as contratacións que se fan no concello-.O BNG de Silleda representa ao goberno de coalición do concello nas áreas de cultura, educación, turismo e participación cidadá, asumindo as responsabilidades que ditas áreas desempeñan e tentando que no resto haxa a transparencia e equidade necesarias, mais sempre respectando a independencia na xestión de cada unha das organizacións que gobernan o Concello de Silleda. As acusacións vertidas polo PP publicamente sobre falta de fiscalización do BNG sobre o PSOE non teñen moito sentido, ao ser a oposición á que lle corresponde facer este labor de fiscalización, xa que o BNG lémbralle ao PP que a súa posición no concello de Silleda é de gobernar as súas áreas e asumir o compromiso e responsabilidades das mesmas.
A concellería de cultura non comprende nas súas responsabilidades nin nas súas competencias a casa da xuventude, sendo este edificio regulado pola concellaría de xuventude, e a contratación de persoal é competencia da concelleira da área ou da concelleira de persoal –esta última é unha carteira da Alcaldía, que, por certo, é a única que ten coñecemento directo de todas as contratacións que se fan no concello-. Estando a que critican adoptada no seo das súas competencias e, en todo caso, descoñecida polo BNG ao non ser unha áreal levada polos nacionalistas, posto que cada organización que representa ao concello é soberana nas decisións das súas áreas. Iso si, están obrigadas a cumprir a legalidade vixente e as condicións de mérito, capacidade, igualdade para contratar tamén dentro da bolsa municipal de emprego, á parte de poder manter outras valoracións como a duración do desemprego dos inscritos/as ou a inclusión social.. Sendo evidente que en cultura e turismo así se fixo, o PP se ten sospeitas dalgunha irregularidade sobre isto, debe fiscalizar e denunciar se así o considera, mais nunca acusar ao BNG de silencio cómplice ou enchufismo, cando esas prácticas nunca foron, nin son, nin serán as do BNG, e moi pola contra si estiveron sempre na práctica do Partido Popular.  Polo que desde a organización nacionalista e desde a portavocía de Matías Rodríguez da Torre, exíxeselle ao PP seriedade na crítica e tino e acerto a quen lla fan. E que teñan en conta que están sempre a falar dunha substitución eventual e non dunha contración laboral fixa.

O labor de fiscalización dun goberno correspóndelle á oposición en calquera caso, e non só fiscalizar, tamén lle corresponde presentar propostas para construír unha sociedade trasdezá que dispoña dos máximos recursos posibles, e para isto deberían de limitarse os concelleiros e concelleiras do PP, a traballar dentro da súa organización cos organismos nacionais, estatais e provinciais que nos desgobernan, para que Silleda non sexa un concello de terceira división.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]