O BNG pregunta no parlamento nacional sobre a construción dun muro no Castro de Toiriz.
Esta construción do muro ten licenza municipal concedida polo anterior goberno de Silleda, con data de 25 de marzo de 2011, mais carece de autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
As deputadas nacionalistas Ana Pontón e Carme da Silva rexistraron na mesa do parlamento una pregunta sobre a construción dun muro de peche dunha parcela no Castro de Toiriz, que representou a destrución parcial do parapeto terreo exterior. Así mesmo preguntan a Xunta de Galiza que actuacións ten desenvolto ante tales feitos, e se ten incoado a Xunta de Galiza algún tipo de expediente sancionador e de reposición da legalidade destes feitos.
O Castro de Toiriz non foi escavado, aínda que polas características da súa localización e polos restos de cerámicas que se atoparon, os arqueólogos calculan que a aldea fortificada puido ser levantada hacia o século IV a.C. Ademais deste valor patrimonial, o Castro de Toiriz son punto de referencia para numerosas lendas populares que dotan a este lugar dun misticismo especial. A súa recuperación foi a labor dun grupo de veciños e veciñas de Trasdeza con esforzo e con empeño, tanto persoais coma económicos, a través do Colectivo pola Recuperación dos Castros de Toiriz.