O BNG de Silleda amosa a súa repulsa a tradución ao español da entrevista realizada ao seu portavoz municipal Matías Rodríguez da Torre.
O pasado domingo saíu publicada unha entrevista ao concelleiro nacionalista de Silleda, realizada en galego no xornal Faro de Vigo, onde este medio de comunicación galego traduciu ao español non respetando así a lingua propia do noso país na cal se expresa o portavoz nacionalista.
O BNG de Silleda lembra que na Galiza o idioma propio é o galego como así o recolle o Estatuto propio no seu artigo 5, polo que o dereito a expresarse na lingua propia do noso país non pode ser vulnerado por ningún medio de comunicación que ten case a súa totalidade de lectores na Galiza. O BNG de Silleda defende o dereito a manter e desenvolver a cultura propia cunha presenza equitativa da lingua galega nos medios de comunicación; así mesmo estes dereitos non deben representar ningún obstáculo na interrelación e a integración destes na comunidade lingüística receptora, nin ningunha limitación dos dereitos desta comunidade ou dos seus membros á plenitude do uso público da lingua propia no conxunto do seu espazo territorial.
O BNG de Silleda demanda poder decidir a presenza da súa lingua nos medios de comunicación do seu territorio, tanto nos locais e tradicionais como nos de maior ámbito de difusión.
O BNG de Silleda agradece ao Faro de Vigo por poder expresar a nosa reivindicación da defensa da lingua galega nos medios de comunicación e así mesmo publicar esta nota aclaratoria respeto a entrevista realizada ao portavoz nacionalista.
CONSELLO LOCAL DO BNG DE SILLEDA