O BNG de Silleda estivo ao carón dos traballadores e traballadoras na primeira manifestación da historia dunha folga xeral en Trasdeza
O 29 de marzo foi unha data histórica para a clase traballadora do noso país, onde o 90% da poboación secundou esta xornada de folga sendo esta a máis participativa, con moita diferenza, das trece folgas xerais da nosa nación. As grandes cidades de Galiza e as cabeceiras das comarcas tiveron unha actividade diferente nesta xornada de folga ao resto dos días dunha actividade normal, as rúas foron tomadas polos traballadores e traballadoras galeg@s para expresar a súa oposición ao gobernó do PP na Xunta de Galiza e ao goberno do PP no Estado Español, que ven de aprobar unha reforma laboral que ten como obxectivo principal derrumbar os dereitos da clase traballadora que se viñeron conquistando dende hai moitos anos.
Silleda foi unha das localidades de Galiza donde o sindicalismo nacionalista convocou manifestacións xuntando arredor de 200 persoas.
Silleda, como no resto do país, está sendo vítima desta reforma laboral imposta polo PP e polo neoliberalismo europeo a clase traballadora, e tamén se ven afectados o sector dos autónomos os pequenos comerciantes e a hostalería do concello. Non é esta a primeira vez que o motor económico do concello se ve afectado polas políticas neoliberais, tamén o sector gandeiro e agrícola resentiron e seguen a resentir nas súas explotacións as políticas económicas impostas dende a Unión Europea, dende o Estado Español e dende a Xunta de Galiza.
A actual reforma está a implantar unha vaga de ERES nas empresas do concello e da súa contorna deixando sen cobertura laboral aos centos de traballadores e traballadoras de Silleda, así foi que nesta xornada de folga do 29 de marzo estes traballadores e traballadoras, xunto con outros dos concellos da comarca do Deza e Tabeirós, participaron dende ás 12 da mañá nunha marcha que concorreu dende a praza da igrexa ata a praza da feira vella reivindicando a súa oposición a esta reforma laboral imposta polo Partido Popular.
O BNG de Silleda co seu portavoz municipal e Concelleiro de Cultura e Participación Cidadá Matías Rodriguez da Torre, xunto cos compañeiros e compañeiras do BNG do resto da comarca, foi a única organización política de Silleda e da comarca que estivo apoiando aos traballadores e traballadoras de Trasdeza e dos concellos limítrofes, defendendo así a clase traballadora e os pequenos comerciantes, hostelería e autónomos que están a sufrir as desventuras da crise económica que ningún de nós provocamos.
O BNG de Silleda quere mostar o apoio aos vecinos e veciñas de Trasdeza que estean expostos a padecer os síntomas desta reforma laboral e así mesmo seguirá a traballar para que a clase traballadora non sexa a que pague os efectos de esta reforma imposta polas elites financieiras co apoio do goberno do Estado Español e da Xunta de Galiza.