A asemblea local do BNG de Silleda escolle novo consello local, e elixe por unanimidade a Oscar Ares como responsábel local.

Oscar Ares.

O Consello Local é o órgano de coordenación e dinamización da política do BNG no Concello de Silleda, compételle, xunto co grupo municipal, a representación pública da organización no município e a concreción das liñas de actuación política. Correspóndelle convocar á Asemblea Local, formar e actualizar o censo de militantes, aprobar o orzamento e o balanzo económico da organización local, aprobar e seguir o desenvolvemento dos planos de traballo das áreas de responsabilidade distribuídas entre os seus membros, informar das solicitudes de alta formuladas e tomar coñecemento das acordadas polo Consello Comarcal, aprobar e dirixir os órganos de expresión pública do BNG no ámbito local e levar a propaganda e as relacións cos meios de comunicación, entre outras funcións. Tamén é atribución própia do Consello Local apresentar á Asemblea Local unha proposta de candidatura nas Eleicións Municipais. Para atender as diversas tarefas atribuídas ao Consello Local este distribúe entre os seus membros distintas responsabilidades e pode constituir comités, gabinetes de asesoramento ou Comisións temáticas –estas últimas abertas á libre participación- de carácter permanente ou temporais para unha finalidade específica.
 

O Consello Local está formado por:

Óscar Ares Pazos (Responsábel local)
Xerardo Díaz Casal (Responsábel de comunicación)
Tania Cornado Molina (Responsábel de organización)

Tamén están no consello local:

Matias Rodriguez da Torre, Carme Fidalgo Colmeiro, Anxo Lois Dieguez Pardo, Alberte Dominguez Mato, Maribel Vilela Fernandez, Susana Conde Costa, Antonio Pena Novoa e Juan Barcala Torres.


responsabilidade comarcal está representada pola estradense

Raquel López Doce.

 
BNG Silleda

R/ Outeiro, Nº 4 Entrechán

bng.silleda@gmail.com

Tlfs: 986 580 911/636 535 815

Fax: 986 580 911

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]