Matías R. da Torre pide unha maior implicación das Administracións supramunicipais na posta en valor dos Xenerais da Ulla

O concelleiro silledense sostén que a o tratarse dunha celebración que se pretende convertir en festa de interese turístico, “hai que tentar dende os concellos implicados de ter unha perspectiva de país”.Matías Rodríguez da Torre asistiu o pasado xoves a unha reunión de traballo coa secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, xunto cos alcaldes e concelleiros doutros sete municipios que comparten a tradición do Entroido da Ulla. Segundo explica da Torre, a secretaria xeral advertiu da necesidade de contar co título de Festa de Interese Turístico Galego para contar con axudas á promoción desta celebración. Así, dende o organismo autonómico apuntouselles aos asistentes a posibilidade de que aleguen ao decreto que regula este tipo de festas, e que estará a exposición pública nas vindeiras datas, para que o Entroido da Ulla poida obter a citada declaración. Así as cousas, e ante a imposibilidade de contar con axudas para este ano, Matías R. da Torre sinala que terán que ser os Concello “os que sigan co proxecto dun xeito autónomo, mancomunando esforzos e gastos mínimos”, engade.

Outro dos acordos pasa por solicitar a implicación das Deputacións Provinciais de A Coruña e Pontevedra “coas que mesmo se podería ver a posibilidade de que aposten por esta iniciativa común en detrimento da Xunta”, sinala.

O concelleiro silledense sostén que a o tratarse dunha celebración que se pretende convertir en festa de interese turístico, “hai que tentar dende os concellos implicados de ter unha perspectiva de país”. “Poucas veces un recurso patrimonial, de tradición e cultura que se quere convertir en producto turístico é compartido por tantos Concellos. O que se pide ás Adminsitracións supramunicipais é que sexan sensibles coa posta en valor dunha tradición centenaria que se segue a manter viva na ribeira do Ulla, e que polo tanto non pode ser esquecida, pois mantense moi viva nos termos municipais de Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Boqueixón, Touro, Vedra, Teo  e mesmo en tres parroquias de Santiago de Compostela.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]