A papelada invade Silleda novamente en campaña electoral, PP e PSOE pegan carteis indiscriminadamente sen ningún sentido da limpeza e urbanidade.

Desde o BNG pídese que as formacións políticas prescindan da colocación de propaganda en zonas indebidas e procedan á limpeza das mesmas de imediato.O BNG observou novamente logo de facer unha campaña baseada na colocación de bandeirolas propagandísticas onde ordena a xunta electoral, e colocación de carteis unicamente nos puntos municipais de infomación tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias e aqueles negocios que así o permitiron, como tanto o PP como o PSOE volveron encher indiscriminadamente as paredes, valos, marquesiñas, sinais, e demais mobiliario público e privado de carteis, sen o máis mínimo sentido da limpeza urbana.
 
O BNG quere lembrar como a finais do pasado ano e comezos deste todas as forzas políticas se sentaron arredor dunha mesa para negociar unha ordenanza municipal que acabase presisamente con esta práctica tan habitual como sucia. Aínda que a ordenanza non se aprobou até o momento, entende o BNG que o dialogado e pactado deber servir para levar adiante, debendo ser as organizacións políticas modelo a seguir por ser precisamente as que tiveron a oportunidade de debater e propoñer para a nova normativa, ao igual que a asociación de veciños de Silleda e a de empresarios e comerciantes.
 
Desde o BNG pídese que as formacións políticas prescindan da colocación de propaganda en zonas indebidas e procedan á limpeza das mesmas de imediato. E se afagan a facer campañas electorias limpas na colocación de propaganda e limpas tamén en no xogo sen retirar o que colocan os demais precisamente en lugares axeitados.
 
MITIN EN SILLEDA
 
O BNG de Silleda lembra que o seu mitin central de campaña terá lugar o mércores día 16 de novembro ás 9 da noite na Casa da Cultura de Silleda, nel intervirán: Matías R. da Torre (Concelleiro do BNG en Silleda), Bieito Lobeira (Deputado do BNG no Parlamento de Galiza) e Anabel Gulías (Candidata ao Congreso dos Deputados polo BNG)

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]