O BNG de Silleda realiza un reparto informativo na feira da Bandeira.

Reparto informativo das eleicións do 20-N

Matías Rodriguez Da Torre con un grupo de militantes do BNG de Silleda percorreu hoxe a feira da Bandeira para falar de ti a ti coa xente , para escoitar as súas demandas e para explicar que "o BNG é o equipo da casa, a alternativa útil para Galiza e para que gañe a maioría da sociedade".

Reforma fiscal xusta, xiro social a favor das maiorías e apoio á economía produtiva

Para iso, as medidas chave polas que traballará o BNG son unha reforma fiscal xusta, gravando ás rendas máis altas e cunha loita contra a fraude fiscal; a potenciación dos sectores produtivos galegos, imprescindíbeis para saírmos da crise; un redución do gasto superfluo: supresión das deputacións, dos ministerios que invaden competencias autonómicas e redución do gasto militar; máis autogoberno para Galiza e un xiro social a favor das maiorías sociais, con especial atención á mocidade, a pensionistas e a traballadores e traballadoras.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]