Rogos
ROGOS PARA O PLENO DO 30 DE SETEMBRO E 2010-09-29
1.- DEMANDAS DOS VECIñOS DO CAMIñO DO FOXO DE SILLEDA:
Desbroce máis asiduo e recollida do desbrozado.
Que se contacte cos propietarios das fincas abandonadas a monte para que as desbrocen e retiren los ramallos, pois son perigosos para en veráns tan calorosos e secos como foi este nun lugar con vivendas tan próxims.
Mantemento das farolas, están vellas e precisan, cando menos de seren pintadas, á parte da colocación dunha na entrada do camiño.
Solución ao tema dos sumidoiros.
Sinal límite de velocidade
Sinal ou cartel que indique recollidas das feces dos cans polos seus donos. Eisto vale para todas as prazas de Silleda.
- Os veciños do lugar do Foxo piden que se poña alumeado público no lugar e se adecente esta aldea, núcleo histórico e pasaxe de peregrinos.
2.- DEMANDAS EN FREIXEIRO-LARO
Na primeira delas menciónase a repetición un ano máis da falta de limpeza do campo da festa, o cal aínda ten lixo logo de mesmo ser “teoricamente limpado” polo persoal municipal.
No lugar de Freixeiro, os veciños e veciñas fan fincapé na necesidade de pintado de dous pasos de peóns: un na rotonda e cruce das estradas autonómicas (Laro-Silleda; Laro-Vilatuxe e Laro-Cachafeiro) e o seguinte na parada do autobús de liña, que faciliten o tránsito dos peóns, que se ven sen ningún lugar axeitado para atravesar a estrada na actualidade.
Tamén os habitantes da parroquia silledense consideran necesaria a reposición dunha marquesiña cuberta para a parada de autobús, máis ou menos, no medio do lugar de Freixeiro, así como o arranxo da varanda situada na beirarrúa con serio perigo de desprendemento.
Finalmente advírtese da escaseza total de alumeado público na pista darredor de Freixeiro, a continuación do local social e a necesidade de sanear a pista do lugar do Pereiro nun estado impracticábel.
3.- DEMANDAS DE CLUBES DEPORTIVOS NO INICIO DA TEMPADA
SD BANDEIRA
Mellora dos focos do campo da Gandareira. Pídese que se suban un anaco e un aumento da potencia eléctrica
Máis potencia e capacidade de auga para as duchas
Mellora do terreo de xogo
Gradas, cando menos dous ou tres chanzos na parte recentemente cuberta
Arranxo do lugar onde se encontra o espazo reservado para bar. Penoso e perigoso na actualidade.
Desauge no fondo esquerdo do campo, pois enchoupa e non drena nese punto.
Papeleiras
Arranxo do portón exterior
Posibilidade de pór un aparcamento de bicicletas unha vez que se reforme a praza onde esta o campo.
C.F. LARO
Arranxos e coidados no Campo de Agro Novo
Alumeado insuficiente
Arranxo da pista que circunda o campo por detrás para poder realizar carreira continua
Limpeza esporádica do campo de fútbol
Suba da potencia eléctrica, pois saltan os acumuladores da auga
Axudas para material deportivo e lavadora
SD SILLEDA E CAMPO MUNICIPAL DO OUTEIRIÑO
Posibilidade de montar un pequeno ximnasio, talvez nos terreos da picina colindantes co campo, nas instalacións municipais
Arranxo da entrada ao campo onde se sitúa a billeteira. Colocación dunha porta
Regar o campo con maior aisiduidade antes de cada xogo.
Man de pintura para os vestiarios máis asidua
Conectar dunha vez o marcador eectrónico
Mellorar a capacidade dos depóstos de auga quente nunhas instalacións, onde simplemente na escola hai 180 fichas.
Apoio á escola de fútbol, única do Concello, que ten un orzamento moi axustado e complicado de atinxir duns 50.000 euros anuais.
O BNG propón que o Concello tamén se responsabilice da atención das instalacións deportivas municipais
Cremos que é necesario que se derive persoal para colaborar no coidado de todos os campos de futbol de Trasdeza
O BNG de Silleda esta a manter xuntanzas coas agrupacións deportivas de todo o concello e considera que unha das grandes eivas demostradas polas xestións deportivas dos distintos gobernos en Silleda, na que tamén incorre o actual, é a desatención polas infraestruturas deportivas de propiedade municipal, concretada nos campos de futbol do concello de Lamela, Laro e A Bandeira.
Os terreos de Muladeros, Agro Novo e A Gandareira respectivamente, non reciben os coidados necesarios, tendo que ser, en todo caso, asumidos estes polas directivas dos distintos clubes de fútbol federados. É por isto que os nacionalistas demandan do goberno que derive e distribúa de xeito coordenado cos distintos xestores dos equipos a posibilidade de contar con persoal municipal para unha mínima colaboración no mantemento das instalacións, tal como o arranxo dos terreos de xogo, a limpeza e a debida prestación de servizos na electricidade ou a fontanería.
OUTROS ROGOS:
- Limpeza dos parques e áreas de lecer, como por exemplo, o de Andamollo
- Abertura a todos os clectivos dos puntos de información que parece ser que se van colocar en Silleda
- Atendan dunha vez s escritos dos particulares. Poño por exemplo o do camiño de Vis en Rellas
- O lavado de colectores do lixo no rural, aínda que sexa insólito até agora, é obrigatorio e tamén nos núcleos urbanos, que cheiran que feden, sobre todo no verán
- Fagan o favor de explicar aquí, en sede municipal, a Alcaldesa ou a Concelleira de Asuntos Sociais, o presunto problema de accesibilidade aos locais sociais da parroquia e Escuadro denunciado hai unha semana pola Asociación de Mulleres Santa Isabel de Escuadro.
- A ver cando o Departamento de Cultura organiza cousas serias e se deixa de ter case como única actividade miss e actos relixiosos organizados desde a administración pública local. Poño por exemplo os oficios celebrados polo San Lourenzo de Carboeiro no Mosteiro. Xa llo dixera a anterior Alcaldesa: hai que separar a igrexa e o estado, e o estado aquí é o Concello. Que xa pasaron os temos das teocracias e do rei Sol, aínda que semelle que os sillóns das Alcaldías ás veces sexan cobizados coma tronos celestiais.