Preguntas sobre a previsíbel suba da auga por causa do canon imposto polo Goberno da Xunta, a través da nova Lei de Augas de Galiza que se esá a debater actualmente no Parlamento
MATÍAS RODRÍGUEZ DA TORRE, concelleiro do BNG acreditado no Concello de Silleda presenta as seguintes PREGUNTAS PARA SEREN RESPONDIDAS NO PLENO DO 30 DE SETEMBRO DE 2010
Preguntas sobre a previsíbel suba da auga por causa do canon imposto polo Goberno da Xunta, a través da nova Lei de Augas de Galiza que se esá a debater actualmente no Parlamento
Logo de presentarmos no deradeiro pleno unha moción pola nova Lei que de forma inminente se vai aprobar, despois de terlle realizado unha serie de preguntas polo canon que vai incrementar o prezo polo consumo da auga e logo das súas respostas que viñan a dicir que sta afirmación non era verdade e que ademais o Concello, representado pola FEGAMP, puña na intermediación desta a negociación da Lei.
Preguntamos:
1.- O Concello de Silleda, sabendo xa da carestía da auga aquí, puxou diante da Fegamp para debater este tema?
2.- Que tipo de alegacións fixo a Fegamp, que representa logo ao Concello de Silleda, no debate do anteproxecto de Lei de augas de Galiza?
4.- Cales foron as aportacións do goberno do Concello de Silleda para emendar unha Lei que vai prexudicar economicamente os habitantes do noso concello?
5.- Sabe esta Alcaldía do incremento do recibo aos usuarios da auga por causa do canon que estabelecerá a Xunta? Sabe en canto se podería incrementar?
Preguntas sobre o prezo da auga en Silleda
6.- Pénsase desde o Goberno municipal volver a sentarse cos grupos políticos e colectivos sociais para adecuar o servizo da auga de Silleda a un prezo razoábel?
7.- Logo de se ter reunido en varias ocasións coa empresa concesionaria, que decisión se vai tomar desde a Alcaldía para rebaixar os recibos?
5.- Hai previsión neste goberno de qué facer coa concesión a auga. Teñen pensado forzar unha rebaixa a cambio dunha posíbel ampliación? Ou deixar rematar a concesión do abastecemento e saneamento da auga e a EDAR nas presentes condicións?
6.- Contémplase desde o Concello, sabendo dos cuantiosos beneficios que dá, que a xestión do servizo se converta en pública?