Rogos do pleno
Demandas recolidas nas parroquias:
En Siador segue a incerteza con respecto á sinalización da estrada Silleda-Laro
O BNG de Silleda reuníuse cos veciños e veciñas da parroquia de Siador co obxectivo de coñecer en primeira persoa cal é o estado actual da mesma e trasladalo posteriormente ao Concello para o atendemento destas inquedanzas comúns
Para os nacionalistas, contiúa a ser evidente o malestar co Concello e Política Territorial das Xunta de Galiza ao continuar faltando pasos con liñas discontinuas que non obriguen aos condutores dos vehículos a dar tantos rodeos para acceder aos lugares da parroquia e virar, problema que se agudiza na estrada autonómica Silleda-Laro, tanto no Marco como no acceso a Cóscaros, o Capricho ou mesmo desde o cemiterio parroquial de Silleda desde onde hai que ir dar a volta ao alto do Marco para poder ir incorporarse á man adecuada para despois atravesar a estrada. Mesmo comunicou a veciñanza como se pintaron chapuceiramente unhas liñas que aparentan discontinuas, mais non forman parte do proxecto da estrada, polo que piden que desde a Xunta se atenda esta reivindicación. A isto unen unha petición para a correcta sinalización da parroquia de Siador, cun anuncio no linde con Silleda e non no Marco, moitos metros posterior.
Outras solicitudes recollidas para interpoñer ante o Goberno Municipal que conxugan a cualificación de históricas en Siador foron:
- A petición de sinalización co nomenclátor de Siador e Refoxos desde o cruce da Estrada de Forcarei, estrada que non conta con ningún sinal desde As Ferreiras até Siador.
- Solicitude para poder anchear a pista que se dirixe desde o Marco á igrexa, moi estreita e transitada.
- Libamento do camiño de Cóscaros ao Marco, cortado anteriormente pola maleza e agora no que se derrubou unha casa debido ás choivas.
- Arranxo do camiño da Barcia a Penido, intransitábel hoxe en día
- Arranxo do camiño do lugar de Siador desde a fonte cara á cima.
- Anchear a ponte de Siador, con serior perigo para a condución
- Arranxo do camiño a Cartemil
- Limpeza das gabias nos camiños, especialmente no do lugar de Siador á altura do bebedeiro público
- Arranxo da entrada da pista da Gouxa a Sestelo, con demasiada pendente no acceso.
- Interese veciñal por coñecer cando será posíbel, xa que o ven máis factíbel que en moitas outras parroquias, a chegada da rede de saneamento e sumidoiros para Siador.
Escuadro dá conta de múltiplas demandas non atendidas na súa parroquia
Nunha xuntanza mantida co BNG a veciñanza desta parroquia mostrou o seu agradecemento porque a organización nacionalista se preocupase in situ dos seus problemas.
O BNG de Silleda puido comprobar como as demandas na parroquia de Escuadro son numerosísimas, sobre todo no que ten a ver co arranxo de pistas e camiños. Os veciños quixeron sinalar o que cren máis urxente, á vez que se congratulaban por se achegaren os nacionalistas até alí nun momento no que, como en moitos máis lugares de Trasdeza, carecen de Alcalde pedáneo e interlocución directa co Concello.
No relativo ás vías de comunicación, estas foron as peticións:
- Imposibilidade de viraxe para os vehículos na estrada N-640, practicamente desde Rellas até o fin da parroquia de Escuadro, polo que precisarían un paso subterráneo para o lugar de Cumbraos e máis liñas descontinuas.
- Arranxo da pista da Fervenza
- Recuperación do camiño que conduce desde Paredes á Fervenza
- Arranxo, maior amplitude e limpeza de beiravías da pista de Outeiro a Paredes
- Anchear e arranxar a pista do cemiterio a Balántiga
- Problemas na canalización da auga en Balántiga, a cal quedou moi estreita e sen rematar, polo que se está a desfacer e enchouparse ao chover.
- No lugar de Paredes ficaron expostas unhas medias cañas e reixas da canalización da auga sen colocar, polo que tamén se está a desfacer a pista.
- Anchear e limpar o camiño vello de Escuadro (que supón un grande atallo por Cascaxide) en dirección á estrada de Paredes.
- Inciden en que o realmente máis necesario sería un maior mantemento e limpeza adecuada de pistas e gabias.
A preocupación por unha mellora na sinalización á Fervenza de Férveda, lugar visitado con cada vez maior frecuencia por viaxeiros e turistas centrou a atención da xuntanza, así como a posibilidade de arranxo dos muíños da Fervenza.
Noutra orde de cousas, destacaron os seguintes pedidos:
- Limpeza e recuperación das fontes de Cascaxide e Paredes
- Mellora da conexión a internet, na actualidade moi lenta, polo que desexan ver a posibilidade de contar cunha rede wimax
- Necesidade de dous puntos de alumeado público á entrada e á saída de Paredes
- Luz exterior para a Escola, onde se realizan asiduamente actividades culturais e sociais de todo tipo.
- Os veciños e veciñas do lugar de Cumbraos seguen coa incógnita de por que nunca foron advertidos antes pola Xunta Electoral Provincial ou a propia administración local censalos na mesa electoral de Moalde para votar. Decisión coa que continúan a estar en pleno desacordo.
- Finalmente tamén é do interese da parroquia saber que tipo de beneficio económico colectivo poderían ter no caso da cobranza do ICIO do Parque eólico do san Sebastián, pendente dunha resolución xudicial na que está inmerso o Concello de Silleda
Moalde demanda unha limpeza periódica das pistas por parte do Concello
Os veciños e veciñas da parroquia de Moalde reunidos con represntantes do BNG de Silleda, incidiron na pouca atención que reciben as pistas da súa parroquia, ben por falta de limpeza ou os convenientes arranxos, polo que piden que o Concello de Silleda teña em conta:
- O arranxo da pista de Rivas a Costela, co asfaltado da mesma neste último lugar
- Asfaltado desde a ponte da autoestrada (que precisa tamén de arranxos), pasando por Lis, Outeiro, Cumbraos, até a estrada en dirección á Estrada.
- Arranxo da pista do Castro, intransitábel
- Marcaxe das pistas, as cales se foron estreitando co tempo.
- Mal estado das beiravías, pois case desapareceron, na pista de Meda a Quinteiro, polo que a auga pasa polo medio, á parte de estar chea de pedras.
- Limpeza en xeral das pistas e beiravías da parroquia e en especial da pista de Meda a Rivas (chea de maleza), tamén limpezadas pista de Meda á Gradiña e da de Quiteiro a Cendrís.
- Desatascamento das tuberías de canalización cando for preciso, pois son demasiado estreitas e tupen (caso de Rivas)
Asemade foron obxecto de preocupación e crítica por parte dos habitantes de Moalde as seguites cuestións:
- Sinalización adecuada dos lugares de Rivas e Meda.
- A falta dun contedor para a recollida selectiva do vidro e de máis colectores para a de envases e plásticos, non cumprindo a periodicidade de recollida dos residuos orgánicos de dous días por semana no verán.
- A necesidade de asfaltar o campo da festa e a entrada da igrexa
- Luz pública para alumear a zona do parque infantil e o exterior da antiga escola (actual local social)
- Tamén se incluíu unha queixa por non contar com representante da parroquia ante o Concello.
Oleiros considera vital acelerar o proceso de concentración parcelaria
Nunha reunión co BNG, os veciños sinalaron certo desprezo no atendemento das súas peticións polo resultado final da estrada Silleda-Laro
Os veciños e veciñas da parroquia silledense mantiveron na noite do pasado 8 de xuño unha xuntanza co concelleiro e responsábel local do BNG en Trasdeza, na que puxeron en destaque a necesidade dunha axilización no tempo do proceso de concentración parcelaria para a parroquia, pois isto facilitaría o achegamento das posesións agrarias como a mellora dos accesos ás leiras e lugares, ancheando os camiños e pistas e facendo as beiravías precisas. Mesmo foi reseñado pola veciñanza como moitos do problemas que actualmente acucian á parroquia son derivados por este estado de dispersión.
Os moradores de Oleiros deron pé ademais a ofrecer as seguintes reivindicacións:
- Arranxo das pistas e camiños da igrexa cara a Vianova; arranxo do camiño que vai de Marza a Regalade (Cortegada) até a ponte; actuación sobre a pista que por por entre as casa no lugar de Marza (coa correspondente actuación sobre terraplén derrubado na pista de Marza); arranxo do camiño entre as casas do lugar de Pazos até a Devesa; arranxo do camiño que vai desde O Carballo até Regalade (Cortegada).
Queixas pola nova estrada autonómica
- Incidiron asemade no calamitoso estado da estrada autonómica de Silleda Laro, pois non deixou posibilidades de viraxe e adiantamento para os vehículos (habendo demasiadas liñas continuas); tampouco se preveu unha berma (arcén) mínimo entre a estrada e as casas e deixou imposibilitados o acceso a varias leiras, mesmo os veciños se queixaron por non ser atendidos convenientemente polo Concello e a Xunta ao non ser atendidas nunca as súas reivindicacións
- Pídese maior periodicidade na recollida do lixo, que nalgún caso non cumpre nin o mínimo de un día por semana, así como se considera necesario un contedor do lixo orgánico a carón da igrexa.
- Recuperación e rehabilitación das fontes públicas de: Vilanova e Oleiros; fonte dos gatos e lavadoiro no lugar de Pazos; fonte de Marza.
- Solicitan por parte do Concello unha mínima actuación de limpeza e equipamento básico para o local social comezando polo alumeado exterior, así como a organización dalgunha actividade ou curso de carácter socio-cultural.
- Foron tamén postas enriba da mesa cuestións nas que existían dúbidas de cómo poden afectar á parroquia, como foron: a imposición do canon da auga por parte da Xunta e a falta dun representante veciñal diante do Concello.
Posta en valor do Castro Montaz
Propoñen a limpeza máis asidua e a posta en valor desde o punto de vista patrimonial e turístico do Castro Montaz (un dos máis imponentes de Deza), conxuntamente co Castro das Orelas, mámoa das cazolas… e todo o rico patrimonio de Oleiros abandonado pola administración. Proposta que tamén se completa coa posíbel restauración dos muíños de Pazos e da tosta da canal, onde mesmo se podería adecuar de novo a zona de baño que existía antigamente onda o río.
A parroquia de Taboada demanda o saneamento do río Deza
A veciñanza resalta contaminación dos ríos Arnego e Deza
O BNG de Silleda mantivo unha xuntanza cos veciño e veciñas de Taboada, na que sobre todo, este fixeron notar a súa preocupación pola situación dun río Deza que se contamina nomeadamente polo seu afluente o Arnego. Polo que esixen que haxa un saneamento das augas fluviais, a fin de pode logo manter unha zona recreativa apta para o baño, tal como antigamente (recuperando a zona da Pesqueira). Dentro das inquedanzas que teñen a ver co estado do río, tamén pediron que se manteñan limpos os cauces do río Deza, se proceda á limpeza das pistas de acceso ás fincas de monte colindantes coa ribeira, para acadar unha maior accesibilidade ao río.
Outro tipo de reclamacións feitas polos habitantes da parroquia silledense foron:
- Arranxos na estrada que vai de Taboada á parroquia de Cortegada e arranxos nas pistas de Vilar e Carballeda, do Couto de Morouzón (que comunica Reboredo coa panadería)
- Remate do abastecemento de augas en toda a parroquia
- A protección e limpeza dos camiños paralelos á vía férrea, pois teñen perigo para animais peóns.
- Arranxo da área de descanso situada no campo da festa
- Reposición de contedores do lixo desaparecidos, incremento dos colectores destinados á recollida de envases e plásticos (amarelos) e recollida máis asidua destes.
- Arranxo e reposición do farol de alumeado público en Taboada Vella, en fronte do nº 10, tirado nun accidente hai máis dun ano.
- Arranxo da fonte pública de Carballeda, a cal está a secar por causa de terlle caído unha árbore enriba
- Queixas pola falta de limpeza dos terreos de monte pegados ás casas que non se coidan, polo que existe perigo de incendio
- Pídese permuta do camiño público de apenas 40 metros, hoxe en día sen tránsito, fronte ao local social da parroquia.
Maior atención coa Vía da Prata
Taboada é a primeira parroquia dos 19 km de Camiño de Santiago que percorre o Concello de Silleda., polo que os veciños e veciñas exixen un especial coidado con el.
Deste xeito reclaman: a súa limpeza integral, algo de iluminación para o camiño real,
protección dos restos da calzada medieval e o arranxo da ponte románica, así como facilitar o tránsito na zona do camiño que pasa por enriba do campo da festa, case intransitábel
O BNG RECOLLE AS DEMANDAS DE VILAR
O martes 1 de xuño o BNG de Silleda mantivo unha xuntanza no local social da parroquia de Vilar da que se tiraron en limpo as seguintes reivindicacións, as cales se trasladarán ao Concello na defensa dos intereses sociais de Vilar:
- Arranxo da zona comunal do monte para acondicionar unha praia fluvial no río Deza
- Arranxos dos camiños de Cabo de Vila, Mazarelos e tras do Tele-Club (solicitados en sucesivas ocasións e nunca atendicos)
- Maior frecuencia no desbroce e coidado das pistas, non só unha vez por ano como se fai na actualidade.
- Acondicionamento dunha zona de lecer con arboredo, mesas... onda o Campo de fútbol.
- Arranxo das fontes públicas de O Souto e A Cal, onde conviría tamén analizar a auga.
- Preocupación en saber cando poderán contar na parroquia con saneamento a través de sumidoiros.
- Piden a limpeza máis asidua dos contedores do lixo, así como unha recollida máis frecuente.
Xestoso demanda anchear a estrada que discorre entre as casas
Coa estreitamento actual a parroquia está divida para se comunicar por medio de grandes vehículos
Nunha xuntanza mantida entre a veciñanza da parroquia de Xestoso e representantes do BNG de Silleda, os primeiros fixeron ver aos nacionalistas a grande necesidade de ampliación da estrada que atravesa o lugar de Xestoso e impide co seu estreitamento que o camión do lixo ou os autobuses poidan atravesar desde o lugar central da parroquia aos lugares de Fontelas ou Río, polo que acaba por dividirse dalgún xeito os servizos que lle prestan á poboación, tendo que acceder polos dous extremos da parroquia para prestalos. Os veciños ofrecen a posibilidade de anchear aproximadamente un metro nunha das marxes, sempre e cando desde o Concello decida apoiar esta reivindicación que data desde hai polo menos uns vinte anos.
Outras da inquedanzas veciñais de maior urxencia recollidas polo BNG, son as que seguen:
- Asfaltado do Campo da Festa, convertido hoxe en día nun espazo de convivio entre os veciños e veciñas, que funciona como praza pública e mesmo aparcadoiro.
- Arranxo e ampliación duns 200 metros no límite co Concello de Forcarei da pista da Graña de Umia, pois do outro lado xa do límite municipal de Silleda xa está en vías de levar a cabo, polo se se converte en necesaria esta comunicación para a que os propietarios das leiras lindantes ceden os terreos.
- Arranxo da pista que de dirixe ás Brañas de Xestoso, case intransitábel
- Pídese un espello no medio do lugar principal para facilitar a circulación e seguridade viaria dos vehículos
- Demándase un contedor do lixo onda o recentemente rehabilitado local social.
O BNG cualifica de miserábel o estado da pista de acceso á igrexa de Refoxos
O BNG de Silleda denuncia publicamente o lamentábel estado da pista de acceso á igrexa, cemiterio e antiga escola (local social) da parroquia de Refoxos. Os nacionalistas indican que esta pista de apenas 100 metros até a igrexa, con entrada desde o interior da parroquia de Refoxos, ten unha pendente demasiado considerábel e está asentada sobre sobre simple formigón, polo que o seu estado é ruinoso e miserábel, o que non permite a entrada dos vehículos para a igrexa e o cemiterio parroquiais.
Amais o BNG recorda que a outra posíbel entrada, máis afastada das casas, desde a estrada de Laro a Forcarei PO-534, se atopa tamén nunha situación practicamente de abandono, pois aproveita o vello trazado da estrada provincial, mais sen as condicións mínimas para transitar por ela.
O BNG esixe que esa parroquia debe ser atendida en igual medida que o resto das de Trasdeza, polo que demanda do Concello que se arranxen estas entradas, sobre todo e de xeito urxente, a máis próxima ao núcleo de poboación, corrixindo a pendente e reforzando, cando menos, o espesor do formigón.
O BNG RECOLLE AS DEMANDAS DE GRABA
- Os veciños demandas a continuación da concentración parcelanria iniciada polo BNG no goberno da Xunta e parazada na actualidade
- En xeral inciden en que as pistas son moi estreitas e precisan dun bacheo global
- Piden o arranxo de pistas concretas:
. De Outeiro a Tixoa
. Penalta
. De Ervixe a Pedrouzo
. Apliación da marxe dereita na curva de Ervixe (onde xa hai uns tubos colocados)
. Zahorra para a pista que vai de Barreiro á estrada, que xa quedar de poñerlle
- Queixas polo mal desbroce feito en toda a parroquia
OUTROS ROGOS DO PLENO DE XULLO
- Repoñer o sinal de STOP no cruzamento de Saídres os PO-211 (O Castro-Negreiros)
- Facer da zona de aparcadoiro hai diante da Galescola e o CEIP de Silleda, unha zona de privativa, pois na actualidade itilízase como aparcadoiro riscos que conleva.
- Pór as placas cos nomes das rúas que se mudaron en Silleda e na Bandeira.
- Demandar o pintado dos cruzamentos da N-525 na Bandeira cunha liña amarela nos bordos (de Lourás, Rúa Ramón de Valenzuela e Calello da Empanada), pois uedaron sen pintar logo de ser asfaltada a estrada de novo.
- Cumprimento da ordenanza de valados de solareas e coidado dos mesmos. Todos fos testemuñas de que o Concello limpa discrecionalmente aqueles que lle parece. Pídese que mesmo se aquen as infraccións previstas nas ordenanzas para quen non as cumpra.
- Seguen sen avisar nas visitas institucionais, caso da de Torres Courís realizada a Cervaña. E sei que esa visita non foi precisamente sorpresa, tal como me dicou o Concelleiro de Obras, porque mentres estaba na sala de xuntas revisando a análise económica-financeira, lles oín falar dela e concertar a hora entre vostedes.
- Canto á revista-boletín difundica desde o Concello, pedreilles que os 525 euros gastos no envío, xunto que custaría o deseño e a impresión, non servan só para facer propaganda, porque entó vémonos na obriga, igual que fixemos coa anterior Alcaldesa e un feito semella, de solicitar un espazo as informacións do BNG e daqueles cctivos municipais que teñan interese en se promocionar ou informar á veciñanza
- Pídese maior limpeza urbana e que se regule a colocación da publicidade exterior, tal como teñen demandao a asociación Ecos e a de veciños Olaia recentemente. Sabendo que o Concelleiro de Comercio pretende regular esta custión, non presentaremos polde agora unha moción neste sentido, dando un voto de confianza para poder consensuar en breve estas demandas nunha ordenanza municipal. Agardemos que a convocatoria duna xuntanza próxima non quede en nada.