Rogos do pleno.
DEMANDAS DAS PARROQUIAS
Trasladaranse á Oficina Municipal do Medio Rural, a ver se así vale de algo e se demostra que funciona
O CASTRO
- Coméntase pola parte dos veciños e vaciñas que no asfaltado da estrada en dirección á Estación do Tren non foron limpadas as beiravías e mesmo se taparon gabias, polo que poderá haber problemas de vertido de augas á estrada no caso de choivas.
- Solicítanse, despois de ter ouvido xa a existencia deste proxecto desde hai máis dunha ducia de anos, que nunha das maxes da estrada que baixa desde Silleda e completen as beirarrúas, debido á proximidade da parroquia co núcleo urbano e os numeros viandantes que pasean este percorrido diariamente.
- Demándase a sinalización no cambio de rasante da ponte situada enriba da autoestrada na P0-211 (por causa do estreitamento o cambio de nivel que a converten foco de posíbeis concentración de accidentes), así como unha mellora sinalización da rotonda situada no Monte dos Olmos en Silleda e a colocacion de advertencias da velocidade limitada na baixada da estrada provincial.
- Necesidade de maior visibilidade nas confluencias das entradas e saídas (por estaren en curva) da pista que procede da estación no cruzamento con esta estrada provincial.
- Crese preciso a colocación dun paso de peóns algo elevado do tipo “lombos de burro” para aminorar vehículos a velocidade no medio da parroquia, onde se sitúa o Bar Sanse. Lugar onde o entubado para a colocación de alumeado público (a todas luces insuficiente) quedou inacabado, así como a realización dunha pequena área de decanso.
- Considérase importante maior iluminacón para a carballeira do campo da festa e a comprobación da posibilidade de arranxo da fonte pública no mesmo lugar.
- Os veciños e veciñas reclaman tamén o asfaltado da pista en dirección ao lugar das Eitas
- Arranxo da superficie da Pista de tenis, onda o local social.
PARADA
A principal dúdiba das recollidas diríxese cara a situación de desamparo da Unidade de Xestión Forestal desenvolvida na pasada lexislatura autonómica, cando precisamente o BNG xestionaba a Consellería do Medio Rural, e se apostou por unha iniciativa colectiva en Parada, onde se promoveu unha UXFOR para mellorar a xestión de 504 hectáreas, divididas en 450 parcelas, pertencentes a 69 propietarios, agrupando estas parcelas cunha xestión en común. Nestes momentos, os propietarios anteditos, están á espera de que Xunta continúe a apoiar este tipo de modelo.
Por outra banda, os nacionalistas tamén acollemos os seguintes pedidos para tentar acadar o maior benestar posíbel en Parada:
- Pedirase que conxuntamente ás obras de adecuación e mellora na rede de abastecemento de auga potábel, aprobadas dentro dos proxectos do 2º Plan E, se proceda á colocación doutro depósito de abastecemento máis abaixo, destinado á prevención de incendios, uso de cisternas etc.
- Arranxos dos accesos á igrexa, no lugar de Eirexe, así como aquelas pistas que non se encontran en bo estado no interior deste mesmo lugar.
- Limpeza e arranxo das gabias, afondándoas para que non verta auga ás seguintes pistas de: Piollo, Barro, Redemuíños.
- Arranxo da tubaxe de canalización da auga no lugar de Eirexe.
- Novo aglomerado para o chan do patio da antiga escola (actual local social), incluíndo a posibilidade de pintado e infraestrutura básica en xogos e deportes, sobre todo, para a participación da infancia e mocidade.
- Mellorar o sistema de calefacción para o local social, pois non foi dos incluídos polo goberno municipal nos proxecto do Plan E.
- Solicitude de máis contedores para a reciclaxe do lixo e tamén a de diversos tipos de aceites. Considérase esencial que regrese a recollida de plásticos do silo e envases para o punto limpo, polo que se cre que debería haber unha recollida esporádica, anunciada previamente.
- Por último, os veciños e veciñas preocúpanse en coñecer a canto ascende a débeda do Concello de Silleda.
ABADES
A respecto do mal estado provocado polas obras do TAV en Abades, os veciños fixeron fincapé nas numerosas pistas deterioradas:
- Tramo de firme desde o Túnel do Barral até o fondo do lugar, coa conseguinte recollida e canalización de augas pluviais
- Pista que comunica Bazar e Carcaveles con Abades, Campomarzo e A Bandeira, única entrada e saída para os vehículos pesados que acoden ás catro explotacións agrarias existentes no lugar de Bazar.
- Arranxo incompleto na pista de Reboreda, á que lle faltan uns cen metros que quedaron incompletos, como na do local social
- Ponte de Campomarzo, en moi mal estado tras as obras.
- Descoñecemento d cando se vai proceder á marcación dos fitos de deslinde das fincas afectadas que foron expropiadas temporalmente
- Demandárase da empresa un trazado para a nova estrada de Campomarzo a Bazar menos sinuosa, mais a pesar de ter estimacións palabra, non foi o realizado finalmente, polo que ficou unha estrada inzada de curvas e cun nivel máis baixo aos prados colindantes.
Alén disto, tamén se amosaron outras demandas variadas que se sintetizan nas seguintes peticións, algunhas delas xa realizadas previamente ao goberno municipal, mais desatendidas até o momento:
- Arranxo do parque infantil do Cruceiro de Abades, coa substitución do mobiliario de xogos por outro homologado, non de metal como o actual
- Colocación de alumeado público (farois) en Bazar, ao pé dos números 24 e 41
- Arranxo das pistas de Agroamaior e a de acceso á Capela de San Caetano e pista de Covas e gabias tupidas na pista do Agro que comunica Bazar e Abades
- A Asociación de Veciños A Costa e a de Mulleres rurais da parroquia de Abades realizaron ao goberno municipal unha proposta para acadar documentación acreditativa do Concello para a cesión de uso do local social, a cal se fai imprescindíbel á hora de numerosas solicitudes de subvención.
- Servizo de recollida de lixo precario. Demanda dun contedor de vidro emáis colectores para residuos orgánicos.
- Incidiron especialmente en que o estado da estrada que conduce á igrexa pode até condicionar a celebración da Festa da Pascua e da Rosquilla os vindeiros 3 e 4 de abril.
LAMELA
O estado das pistas cercanas á planta deputadora EDAR da Bandeira, centraron as reclamacións feitas polos veciños e veciñas de Lamela nunha xuntanza mantida cos responsábeis do BNG de Silleda o pasado xoves 4 de marzo.
- Incomodidade da veciñanza pola situación en que quedaron esas pistas debido, fundamentalmente, ao paso de vehículos pesados durante o proceso de construción da EDAR, non sendo aínda arranxados os estragos ocasionados. Nesta situación atópanse un tramo da pista de Crestelle, a que comunica a Casela coa Estación de Abades e pista de Liñares.
- Outro dos temas que centraron a reunión co concelleiro e o responsábel local do BNG foi calidade do Campo de Fútbol de Mularedos que alberga os partidos do Club de Fútbol Lamela da primeira autonómica, equipo de máis alta categoría actualmente no concello, pois é o único campo de terra desa división autonómica, polo que os socios e socias do clube, practicamente todos veciños e veciñas de Lamela e parroquias limítrofes, queren estudar a posibilidade de que a administración impulse a construción dun terreo de herba natural ou superficie sintética. Outra das peticións realizadas sobre este campo foi a de contar con maior potencia eléctrica, xa que actualmente salta o limitador de corrente de forma constante.
- Denuncian o pésimo acceso á autoestrada AP-53 Santiago-Alto de Santo Domingo, en Lamela e piden:
- Realización dun auténtico acceso á autoestrada, hoxe en día demasiado estreito e mesmo descoidado no firme, coa conseguinte pouca seguridade que posúe. Arranxo da pista situada no paso inferior á ponte da autoestrada que se dirixe á parroquia de Cervaña e ten saída cara ao Concello da Estrada.
- Arranxo da pista á Capela de San Marcos
- Rede de sumidoiros para o lugar de Santa Cristina e a parroquia en xeral
- Denúnciase un vertedoiro de lixo incontrolado tras da igrexa, así como a falta de contedores e a pouca limpeza que se lles dá
- Consideran que se debe prestar atención ao estado das dúas pontes sobre o río, no fondo da parroquia, desbordadas polas choivas dos últimos tempos.
- Finalmente, piden un foco para a cuberta do Campo da festa que alumee tamén o camiño desde o propio Campo até a estrada xeral N-525 e o perfeccionamento (elevación dos farois para daren maior iluminación) do alumeado público e as gabias do propio camiño.
PAZOS
- Pídese que os da obra do AVE, tramo Carboeiro-Dornelas (UTE DOCARBO), poñan pantallas protectoras de insonorización onda o campo da festa e aos dous lados da vía, non só dun, como en principio teñen previsto.
- Planta proxectada,ao parecer permanente, de acopio de subalasto (pedra) e de raís da vía do AVE, moi pegada ás casas. Dubdan das interferencias que poida causa á veciñanza cando comece a funcionar.
- Teñen dúbidas sobre a legalidade ambiental do vertedoiro de residuos inertes
- Seguen a solicitar a retirada da curva da entrada da pista que procede da canteira
- Melloras no acceso á pista que vai cara ao río
- Contedores para proceder á reciclaxe do lixo, imposíbel até o de agora.
ANSEMIL E MARTIXE
Debido ás obras do AVE estas son as reivindicacións dos veciños:
- Na pista do Saíme, realización de gabias (tajeas) e accesos ás chousas anexas
- Asfaltado da pista debaixo do túnel
- Arranxo dos camiños utilizados pola obra en Martixe de Abaixo
- Arranxo da pista da pereiriña, tamén utilizada pola obra, polo que agora ten danos.
- Os veciños solicitan utilizar a auga que cae polo monte abaixo cara ao lugar de Tesón (estrada a Merza), pois pertence a unha mina expropiada polo ADIF e agora cae sen aproveitamento, podendo telo no lugar onde se desviou a estrada.
Amais a viciñanza de cada parroquia tamén mostrou preocupación polos seguintes temas:
- Necesario arranxo da pista que sobre a Martixe de Abaixo
- Cuestionan a situación da fonte do Cruceiro de Ansemil, xa que nunca deu auga a pesar de ser colocada na pasada lexislatura. Piden que se lle dea servizo ou se traslade para outro lado onde si o teña.
- Solicitan tamén servizo de auga para as igrexas e cemiterios das dúas parroquias
- Piden unha corrección na pendente para a costa que conduce a Medelo na estrada provincial en dirección á Bandeira, pois ten unha pendente moi elevada, co perigo
que conleva no inverno por xeadas ou neve.
- Acondicionamento do camiño do monte que une Martixe coa parroquia de Pazos
- Consideran ilóxico que no arranxo do centro cultural se deixase o tellado de uralita no andar superior do local social que comparten as dúas parroquias (cando en Silleda o Concello obriga a ter tella para as cubertas das casas), para o que demandan, polo tanto, tella e que, ademais, no futuro poida ser acondicionado ese piso.
- Preguntan pola situación actual e uso para o Cámping Xacobeo.
RECORDATORIO DOUTROS ROGOS XA REALIZADOS E NON ATENDIDOS
Postos en coñecemento da Oficina Municipal do Medio Rural
1.- Asfaltado do camiño de Regalade en Cortegada
2.- Mellora do firme no lugar de Framiñan, en Cortegada
3.- Mellora do firme da pista que atravesa o Couto de Morouzón, en Taboada Vella- Taboada
4.- Arranxos dos accesos á Igrexa de Breixa e o acceso ao lugar de Outeiro.
5.- Arranxo do tubo para a canalización da auga na beiravía no lugar de Outeiro-Breixa, á altura do nº 6.
6.- Remate das gabias para a canalización para a auga no lugar de A Pena, en Saídres
7.- Arranxos no camiño do Foxo-Silleda
8.- Colocación de alumeado público no Cemiterio de Dornelas
9.- Dotación de auga para o Cemiterio e Igrexa de Cira
10.- Arranxo dos fochancos en nas pita de O Castro a Negreiros, estrada de Saídres, As Ánseras-Breixiña (Breixa), primeiro acceso ao Castro de Breixa, arranxo das entradas aos lugares de Aldea Grande e Caxeva en Saídres.
11.-Arranxo das pistas da Parroquia de Piñeiro nos lugares de:
. A Veiga dirección Portapiñeiro
. A Veiga dirección Santifoga
. Pista de saída de Castro Castriño
. Pista de Rielos dirección Portapiñeiro
. Pista da Igrexa
. Pista saída da Igrexa en dirección ao lugar de Cuíña
. Pista de Cuíña dirección Barravaite (Lamela)
. Pista de Portapiñeiro dirección Lamela
. Pista de Castromonde a Cuíña (acceso pola parte de abaixo da vía, mesmo desaba coa auga)
. Pista de acceso a Castromonde e Campo (en pésimo estado)
. Camiño do Souto cara Romarín (a carón da vía do tren, tamén en moi mal estado)
12.- En Dornelas, arranxo das pistas do lugar de Bascuas (lugar de Gonxar)
13.- En Ponte, vertedoiros incontrolados en: Tras do Agro, A Lomba, Cima Goncín, xunto á via do tren.
Problemas nas pistas de: Aldea de Abaixo (en mal estado), Pista que baixa desde a estrada a Vila de Cruces a Rosende, Pista de San Miguel no Sino.
14.- Proceder rapidamente ao arranxos solicitados polos veciños de Cortegada polos problemas que causou a realización da estrada autonómica PO-205.
15.- Punto de luz pública para a pista a carón do local social de Carboeiro e arranxo da pista que une a parroquia con Outeiro de Breixa.
16.- Alumeado público en Cornado, perto do nº 10 -, en Chapa.
OUTROS ROGOS
- Limpeza máis asidua da rúa Alfonso Trabazo, rúa Venezuela, en Silleda.
- Necesidade dun Stop na Praza do Outeiro. Por certo, xa informado pola propia Policía Local.
- Arranxo do bache situado na Estrada da Estación, ao lado da serra de camanzo.
- Falta iluminación e contedores para a confluencia das rúas Trasdeza e Sociedade Fillos de Silleda.
- Colocación de contedores para a Rúa Emilio Alonso Paz, con practicamente os mesmos quando se comezou a urbanizar
- Malestar de moitos veciños pola ocupación por parte dos talleres mecánicos de coches na vía pública.
- É urxente facer esa orde reguladora a que se ten falado dos anuncios publicitarios na rúa, a fin de beneficiar á Asociación Ecos, de empresarios e comerciantes . Pois sen ela, non está moi claro cal é o criterio utilizado agora mesmo para se anunciar.