Preguntas do pleno

1.- Sabe esta Alcaldía do incremento do recibo aos usuarios da auga por causa do canon que estabelecerá a Xunta?

2.- Vaise facer algo desde a Alcaldía para rebaixar os recibos? Sabe en canto se podería incrementar?

3.- Está o Concello de Silleda, como membro da FEGAMP, a negociar coa Xunta o anteproxecto de lei de augas de Galiza?

4.- Pénsase desde o Goberno municipal volver a sentarse cos grupos políticos e colectivos sociais para adecuar o servizo a un prezo razoábel?

5.- Hai previsión neste goberno de qué facer coa concesión a auga. Teñen pensado forzar unha rebaixa a cambio dunha posíbel ampliación? Ou deixar rematar a concesión do abastecemento e saneamento da auga e a EDAR nas presentes condicións?

6.- Contemplase desde o Concello, sabendo dos cuantiosos beneficios que dá, que a xestión do servizo se converta en pública?

7.- Enviouse desde o Concello a instancia á Xunta de Galiza para solicitarlle  gratuidade na desifección dos vehículos de transporte de gando que acudan á Central Agropecuaria de Galiza?

8.- Son conscientes desde a Alcaldía do grave problema de seguridade viaria nos noso núcleos urbanos?

9.- Cando se vai proceder desde o Concello á actualización ou substitución da sinalización urbana das rúas de Silleda e A Bandeira?

10.- Que se sabe desde o Grupo de Goberno da demanda realizada ante a Consellaría de Cultura e Turismo, grazas á moción que se aprobara a instancias do BNG, pola municipalización do Cámping Xacobeo de Medelo?

11.- Para cando se prevé o concurso de ideas para converter o Cámping en centro xuvenil e de lecer?

12.- Para cando se van publicitar e abrir a concurso os proxectos de investimento xa aprobados pertencentes ao 2º PLAN E?

13.- Por que a Oficina Municipal do Medio Rural non ten un rexistro propio que axilice os trámites dirixidos a ela?

14.- Vanse acometer os requirimentos técnicos exixidos pola Axencia Galega das Industrias Culturais de mellora de instalacións nas dependencias municipais previstas como auditorios, para poder entrar de novo na Rede Galega de Teatros e Auditorios?

15.- Cando lle van pasar ao Concelleiro do BNG unha relación do Alcaldes e Alcaldesas pedáneos/as nomeados pola Alcaldía do Concello de Silleda?





16.- Por que non responden, retardan ou simplemente non atenden parte das solicitudes de documentación municipal realizadas polo representante electo pola cidadanía que asina?

17.- Téñense dirixido desde a Alcaldía do Concello de Silleda ao ADIF para tentar solucionar os problemas existentes pola obra da Liña de Alta Velocidade do AVE nas distintas parroquias de Silleda, véxase: Saídres, Carboeiro, Ansemil-Martixe, Pazos, Abades e Dornelas?

18.- Por que non se advirte convenientemente desde o Concello aos concelleiros da Corporación Municipal de Silleda das visitas institucionais que cargos doutras administracións realizan a Silleda?

19.- Saben que tanto na maioría dos lugares de poboación das nosas parroquias como nas nosas vilas son claramente insuficientes o número de colectores do lixo? Saben que en moitos lugares e rúas non existe a posibilidade de facer a conveniente reciclaxe básica de residuos? Por que non se realiza a recollida selectiva do lixo no Concello de Silleda?

20.- Cando se ten previsto mostrarlle as liñas básicas do novo PXOM que se está a redactar ao concelleiro do BNG? Por que se lle oculta?

21.- Cantos habitantes reais te día de hoxe o padrón de habitantes do Concello de Silleda?

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]