Crítica do BNG a outro recoñecemento extraxudicial de créditos

A Acaldía propón a probación dun expediente extraxudicial de crédito correspondente a facuras impagadas de 2009, por un importe de 246.789,96 euros, que se aplican con cargo ao exercicio 2010.

O Informe de intervención resume e conclúe de novo que as actuacións á que agora se pretende dar amparo non foron sometidas a ningún tipo de
fiscalización previa, polo que a Intervención do Concello de Silleda ten a ben subliñar a gravidade deste tipo de actuacións, na medida en que se trata de gastos carentes de todo tipo de fiscalización previa que, ao non ter cobertura orzamentaria, non poden ser aboadas en tanto non se habilite crédito.

Esta cantidade súmase aos  doutro recoñecemento aprobado en xaneiro por máis de 180.000 euros, co que o orzamento de 2010 de Concello se reduce en máis de 400.000 euros.


Por todo isto volvemos a repetir o mesmo que hai dous meses: son facturas que hai que aboar porque pertencen a servizos prestados a este Concello, mais así non e pode seguir, porque deste xeito, nunca poderá haber unha previsión de execución real dos orzamentos anuais. Hai que tomarse a xestión económica do concello en serio e non ir a remolque ano tras ano rematando o crédito no mes de outubro de cada anualidade. Os anos, os exercicios económicos, duran 12 meses.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]