Demandas das Parroquias
1. O BNG leva varios meses facendo unha itinerancia polas parroquias do noso Concello na procura do coñecemento das necesidades, demandas e suxestións dos veciños e veciñas formuladas, neste caso, entre decembro e xaneiro.
LARO:
- Arranxo da pista en Freixeiro, arredor da taberna.
- Limpeza arredor da Igrexa
- Arranxos dos buratos da pista do lugar de Forcas
- Arranxo da fonte de Freixeiro, a fin de que dea servizo desde un lugar máis próximo á estrada.
- Colocación dunha marquesiña para a parada do autobús en Freixeiro
- Arranxo da Pista d’O Pereiro pola parte que conflúe coa estrada a Vilatuxe.
- Máis reguaridade na recollida do lixo, pois só se produce un día á semana, incluído o verán.
- Mellorar o acceso ao Campo da Festa, prevendo a posibiidade de facelo por detrás do local social, polo que se soicita a limpeza da silveira que impide ese paso.
- Solicítase maior presenza de axentes de seguridade nas festas.
CORTEGADA:
- Necesidade de tubos para o abastecemento para os lugares de: A Revolta de Fondevila, Cortegadela, O Burgo e A Portela.
- Na dirección da Revolta a Regalade rutura do tubo da canalización, polo que verte a auga para a estrada. Nese lugar tamén quedou un paso sen rematar.
- Na pista de servizo á marxe da estrada autonómica, solicítase entubar a presa co fin de anchear a pista para a circulación dos vehículos.
- Arranxos na estrada a Camporrapado antes da Panadaría, xa que está demasiado estreita, polo que os coches acaban na berma (“tajea”). Pola parte dos veciños a solución máis certa sería a colocación dun tubo berma que a cubra e serva para anchear a estrada antedita.
- Na pista de servizo na marxe da estrada a Laro, exactamente no lugar de Porto do Carro (a carón do río), o tubo da verma é estreito, o que leva a que a auga inunde a estrada. Ao pé este lugar pídese o valar o propio camiño de servizo.
- A ponte de Cardigonde ten terreo expropiado para a estrada P0-205, mais o acceso costruído ten demasiada pendente. Veríase con bos ollos que e fixese o acceso pola zona expropiada.
- No lugar do Burgo atáscanse as bermas coa terra das gabias (“cunetas”) até se desbordar. Existen neste mesmo lugar entradas a leiras impracticábeis. Pídense pasos para a fauna e o gando.
- Solicítase un paso para o múltiple gando que atravesa o lugar de Barral. Así como se consideran necesarios outros pasos en Pazos e A Gouxa e a mellora do da Portela (crese que este debería ser doutra forma máis rectangular).
- Crese conveniente o arranxo, sendo esta unha demanda histórica, do camiño da Brea en dirección a Os Chaos, así como os arranxos de limpeza, nivelado e firme do Camiño Real desde Cardigonde e A Revolta.
MÁNDUAS:
- Como carácter xeral os veciños inciden na limpeza das gabias e unha atención máis asidua á situación das pistas dos lugares rurais de Manduas
- Preocupación veciñal pola demora na realización das beirrarrúas para unir A Moa coa Igrexa de Santirso polo perigo que conlea aos propios veciños pasear nunha estrada con tanto tránsito de vehículos pesados.
- Preocupación polos horarios e a situación futura da atención médica no Centro de Saúde d’A Bandeira
- Interese por coñecer os tempos para o servizo de abastecemento e saneamento da auga en todos os lugares da parroquia
SAÍDRES:
- Impaciencia pola estado do proxecto da traída e abastecemento da auga para a parroquia. Xa pasaron anos desde o inicio do proxecto e sempre existiron atrancos. Agardan que desta vez poida levarse a cabo.
- Pídese o estudo dunha posíbel ampliación na anchura da estrada que percorre Saídres, así como o arranxo dos numerosos buratos que hai nela en todo o percorrido.
- Considérase interesante coñecer cal é a situación da titularidade do local social, pois decoñécese, aínda que son os veciños quen pagan os rebidos a luz. Tamén se estima de interese o arraranxo da antiga vivenda dos mestres para utilizar como local socio-cultural.
- A veciñanza está deconcertada pola situación do PXOM, pola imposibiliade de construír novas vivendas e a escaseza de recursos na conexión á internet.
- Demándase o aranxo das entradas ao lugar de Aldea Grande, así como o arranxo da fonte pública
- Insistencia en facer notar a situación de cerramento que sofren camiños do monte que foron cortados cas obras do Tren de Alta Velocidade (p. Ex: o camiño vello ao Croiñal (A Mamuíña)
- Tamén polas mencionadas obras do TAV quedou pista que procede do bosque de Barradaos até a Ponte, deixaron as bermas tapadas.
- Arrranxo do camiño da igrexa a Montalto, en moi mal estado desde hai moito tempo.
- Arranxos de pistas con acceso ás casas no lugar de Caxeva
CARBOEIRO:
- Profundo malestar veciñal pola deixadez dos responsábeis do TAV ao deixar desatendidos moitos aspectos nunha parroquia totalmente asediada por esta obra:
. Desprendemento a estrada de acceso ao Mosteiro de Carboeiro, debido á alata de recollida das augas provocado pola falta de dilixencia da obras do Liña de Alta Velocidade. Pénsase que o ADIF non se vai responsabilizar deste aspecto, pois empresa encargada deixouno inconcluso.
. Os veciños propoñen facer un pozo, talvez perto da estrada, para recoller a auga que procede do túnel do TAV.
. Denuncian que a pista que se dirixe á escombreira das obras do tren en Carboeiriño, quedou sen bermas nin gabias.
. No lugar de Carboeiro de Francia quedaron bermas atascadas pola obra da Liña do tren.
- Incredulidade entre os habitantes de Carboeiro por ter ouvido ruxe-ruxes derivados do proxecto da subestación eléctrica proxetada, que pode condicionar un desvío da estrada que percorre a parroquia (Carboeiro- Saídres).
- Estímase básico proceder a captación de auga para a traída a toda a parroquia
- No lugar da Carballeira a auga procedente do monte verte á estrada, pídese deste xeito que se afonde a gabia.
- Arranxo da pista que vai a Outeiro de Breixa.
- Imprescindíbel contar dunha vez cun punto de luz a carón da pista onde se sitúa a antiga escola.