Moción para establecer no concello de Silleda unha ordenanza reguladora de limpieza urbana

MATÍAS RODRÍGUEZ DA TORRE, concelleiro do BNG acreditado no Concello de Silleda presenta a seguinte MOCIÓN PARA  ESTABLECER NO CONCELLO DE SILLEDA UNHA ORDENANZA REGULADORA DE LIMPEZA URBANA.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado día 25 de xuño a asociación de Veciños de Silleda Olaia, presentou no rexistro municipal un escrito no que lle demandaban ao goberno do Concello de Silleda que se adoptasen as medidas oportunas para evitar que se continúe a facer uso indiscriminado do mobiliario urbano municipal para pegar publicidade e propaganda, porque se ofrece con isto unha lamentable imaxe de suciedade e descoido.

O BNG concordando plenamente co espírito e redacción do escrito de Olaia, permítese recoller a petición do colectivo e transformala en moción para elevala á sesión plenaria do 27 de xullo.

É de lembrar que se considera na proposta que a colocación de carteis ou elementos publicitarios debe ser regulada e prohibida, no caso dalgúns elementos do mobiliario urbano. Procedendo á retirada dentro dun prazo autorizados. Coidando que unha ordennza municipal debería regular tamén aspectos como as pintadas, as dposicións de animais ou o uso inadecuado dos contecores do lixo.


MOCIÓN

Polo exposto solicitamos do Pleno da Corporación Municipal de Silleda a adopión do seguinte

ACORDO


Que se apoie esta moción a fin de que nos dous meses a seguir se debata e se tente o consenso entre os representantes electos pola cidadanía para proceder á redacción dunha ordenanza municipal reguladora de limpeza urbana e , xa que logo, aprobala no vindeiro pleno de setembro.


Asdo./ Matías Rodríguez da Torre

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]