Moción polos danos ocasionados polo xabarín

MATÍAS RODRÍGUEZ DA TORRE, concelleiro do BNG acreditado no Concello de Silleda presenta a seguinte MOCIÓN POLOS DANOS OCASIONADOS POLO XABARÍN .

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

É coñecido que nos últimos tempos a densidade de xabarís no Trasdeza se incrementou considerabelmente, especialmente nas zonas protexidas para a fauna. Tamén se leva sabendo desde hai unha longa tempada dos danos ocasionados nas leiras e particulares polo xabarín, sobre todo nos cultivos forraxeiros dos gandeiros e agricultores.
Nestes días vimos de comprobar como as denuncias son cada vez máis numerosas, verificando casos con grandes desperfectos nas zonas de Manduas ou Xestoso, aínda que se pode aplicar practicamente a toda a extensión do Concello de Silleda.

A situación descrita polos propios afectados chega a ser insustetábel por ser reincidente e ademais non contar coa defensa da admisitración na atención e prestación de axudas adecuadas para solventar este problema e tentar minimizar as causas, ou cando menos, as posibilidades de acadar os desperfectos citados.

MOCIÓN

Polo exposto solicitamos do Pleno da Corporación Municipal de Silleda a adopción do seguinte

ACORDO

1.- Dirixirse desde o Concello de Silleda á Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza para que tome as medidas precisas para corrixir esta situación producida polo número de xabarís perto das zonas de produción agrícola. Demandando un pagamento superior das indemnizacións polos danos ocasionados nas plantacións e controlando dun xeito máis efectivo a presenza desta especie nas zonas protexidas.



Asdo./ Matías Rodríguez da Torre

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]