Moción sobre o reinicio das concentracións das parcelaria de Grava e Oleiros
MATÍAS RODRÍGUEZ DA TORRE, concelleiro do BNG acreditado no Concello de Silleda presenta a seguinte MOCIÓN SOBRE O REINICIO DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS DE GRABA E OLEIROS .
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Hoxe en día, máis de dous anos despois, non hai coñecemento da continuación dos traballos nas zonas de concentración parcelaria, polo que existe unha alta preocupación e incerteza nestes dous lugares, sospeitando que os proxectos iniciados van quedar no esquecemento, ao non ter recibido ningún investimento nos anos 2009 e 2010.
A concentración suporía a optimización dos traballos e produción agrogandeira, alén de mellorar considerabelmente as vías de acceso aos lugares e leiras, na actualidade moi necesario en dúas parroquias nas que aínda o sector agrario ten unha alta dimensión.
O BNG lembra como no período de goberno do BNG na Consellaria do Medio Rural da Xunta de Galiza, a través da Delegacion Provincial de Pontevedra dirixida por Gonzalo Constenla, procedeuse a unha especial atención ás demandas veciñais da parroquias de Graba e Oleiros. Polo que se reseña a seguir o histórico da parcelaria nas dúas parroquias:
GRABA:
Ano 2005 dentro do Plan de concentración parcelaria, licítase un orzamento de 42.400 euros para a redacción do estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria
No ano 2007 contrátarase dentro do Pan de concentración parcelaria dese ano o levantamento fotogramétrico, ortofotos cor e levantamento por topografía clásica de planos parcelarios escala 1:1000 das leiras na zcp.
OLEIROS:
Ano 2007 inserido no Plan de concentración parcelaria, cun orzamento de 23.500 euros, levouse a cabo a colaboración de servizos técnicos para a redacción dun estudo de impacto ambiental na zcp.
No ano 2008 contratouse o levantamento topográfico das leiras na zcp de Oleiros.
MOCIÓN
Polo exposto solicitamos do Pleno da Corporación Municipal de Silleda a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza a reiniciar os traballos de concentración parcelaria en Graba e Oleiros antes da finalización deste ano 2010.
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA