Moción referida ao mantemento da unidade móbil do programa de detección precoz do cancro de mama que presta servizo no noso concello e en toda a comarca de Deza.

MATÍAS RODRÍGUEZ DA TORRE, concelleiro do BNG acreditado no Concello de Silleda presenta a seguinte MOCIÓN referida ao mantemento da unidade móbil do programa de detección precoz do cancro de mama que presta servizo no noso concello e en toda a comarca de Deza.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos dous últimos meses, no Parlamento galego, o PP anunciou en distintas sesión a súa decisión de eliminar as catro unidades móbiles do programa de detección precoz do cancro de mama que temos a día de hoxe no noso País.

Argumenta o goberno galego que as actuais unidades móbiles teñen barreiras arquitectónicas e que as mulleres fican á intemperie cando agardan. Fala tamén da difucultade de instalar novas equipacións nelas e concluía que ten cegado xa o final da súa vida útil.

O PP ten intención de desmantelar estas unidade que se moven por todo o territorio ofertando como alternativa a instalación de mamógrafos nos hospitais comarcais. O seu argumento principal foi o da austeridade sen entrar á consideración da utilidade que teñen as actuais unidades móbiles.

O noso concello conta con unha gran dispersión de poboación e especiais dificultades de mobilidade, principalmente nas persoas maiores e mulleres. Nesta situación, a existencia destas unidades móbiles permite garantir un acceso máis igualitario de toda a poboación a un dispositivo preventivo de tanta importancia.

É  por isto, que esta decisión por parte do PP supón para Silleda e a súa comarca unha dobre discriminación xa que estamos a falar dunha comarca onde non temos hospital comarcal e polo tanto tampouco imos seguir contando con este servizo.

O éxito de dito programa reflíctese ás claras cando observamos que a media de participación no mesmo por parte das mulleres ao que vai dirixido é superior ao 77% sendo a media aconsellada polos organismos mundiais da Saúde o 70%.

MOCIÓN

Polo exposto solicitamos do Pleno da Corporación Municipal de Silleda a adopción do seguinte

ACORDO

Dirixirse á Xunta de Galiza, nomeadamente á Consellaría de Sanidade, a fin de que non sexa suprimida a unidade móbil de detección precoz de cancro de mama que atende o noso concello.


Asdo./ Matías Rodríguez da Torre

SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]