Moción para o cumprimento da ordenanza reguladora municipal de valados de terreos e solares.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dez anos despois da redacción da Ordenanza Reguladora no valado de terreos e solares vixente no Concello de Silleda desde outubro do ano 2000, pódese observar, sobre todo, nos núcleos urbanos de Silleda e da Bandeira, que se seguen a incumprir os preceptos da mesma, nomeadamente no seu Artigo 5:

1. Os propietarios de solares deberán mantelos valados, mentras non se practiquen obras de nova construcción, por razón de seguridade ou salubridade e ornato publico.
2. A obriga do valado pode extenderse a terreos non solares e fincas rústicas por razóns deseguridade e salubridade

Amais tal como se expresa no Capítulo III de Infraccións e Sancións: constitúe infracción urbanística o incumprimento da orde de execución das obras necesarias
para construír o valado ou cerramento, para manter os terreos, urbanizacións de iniciativa particular e edificacións en condicións de seguridade, salubridade e ornato público

Na actualidade existen solares e terreos, con serio perigo para a integridade física da poboación, como exemplo o situado na Praza da Feira Vella de Silleda, lugar onde se adoitan reunir os veciñas e veciños, especialmente para xogar as nenas e nenos.

MOCIÓN

Por iso, o grupo do BNG propón ao Pleno da Corporación municipal adoptar o seguinte

ACORDO

1. Demandar da Alcaldía do Concello de Silleda especial celo e control no cumprimento das prescricións desta Ordenanza Reguladora de valados de terreos e solares


Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]