Moción Ordenanza de Normalización Lingüística

 

Matías Rodríguez da Torre, Concelleiro do BNG no Concello de Silleda
 
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Sendo o galego lingua propia de Galiza e tendo a obriga dos poderes públicos de potenciala nos diferentes ámbitos de uso, achamos a impostantísima responsabilidade que a administración local ten sobre o asunto, pois ser a máis estreitamente ligados ás e aos cidadáns. É polo que se fai necesario nun Concello como o de Silleda ter unha ordenanza de normalización lingüística que marque a pauta a seguir con respecto ao cuprimento da legalidade vixente e a auténtica defensa dos dereitos lingüísticos do galego e  súa promoción e difusión pública. Deste xeito, desde o BNG preséntase xunta unha proposta de Ordenanza de Normalización Lingüística para o seu debate e estimación.

MOCIÓN

Por isto, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte


ACORDO

1.     Debater no seo da Corporación Municipal unha ordenanza de normalización lingüística consensuada (da que e xunta un borrador) coa intención de aprobala no vindeiro Pleno Ordinario.
 
 
 
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda


 
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]