Moción para arranxos e sinaléctica na estrada N-525

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Todos e todas os e as silledenses somos conscientes da importancia da vía de comunicación principal que atravesa o noso Concello, a estrada nacional nº 525, a cal é transitada por milleiros de vehículos diariamente, nos limita con Lalín e A estrada e nos comunica con poboacións tan necesarias nas nosas relacións comerciais e socias como Santiago e Compostela ou Ourense.

Tamén é ben sabido por todos e todas que esta estrada N-525 vai ser obxecto no futuro póximo de obras como os carrís e aceleración e o “scalextric” en Chapa, mais asemade somos coñecedores de dous problemas que incomodan e perturban decote tantos aos nosos cidadáns de Trasdeza como aos que nos visitan ou transitan por esta rede viaria:

1. A má situación do firme en grande parte do termo municipal de Silleda, especialmente na zona do cruzamento entre a N-525 e a N-640 en Chapa.
2. A insuficiente, cando non inexistente, sinaléctica para advertir da dirección a Silleda, tanto na proveniencia de Santiago como na de Ourense, pois non se reoñece o nome da poboación trasdezá até poucos quilómetros antes da mesa, co consecuente despiste e desinformación que produce nos automobilistas e transeúntes

MOCIÓN

Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1. Demandar do Ministerio de Fomento do Goberno do Estado, titular da estrada, os arranxos no firme da N-525 n todo o temo municipal de Silleda, especialmente no cruzamento de Chapa
2. Demandar do Ministerio de Fomento a colocación de sinais informativos para coñecer antes a localización de Silleda.

 
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]