Moción sobre substitucións médicas nos Centro de Saúde

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A presente situación de falta da cobertura médica no Centro de Saúde “Doutor Fernández Colmeiro” de Silleda, logo de coñecer a existencia dunha baixa prolongada dun dos facultativos e postos en contacto co propio centro sanitario, asegúrase que os doentes pertencentes á medica mencionada son distribuídos entre os restantes catro doutores de medicina familiar que exercen no centro.

Esta é a proba máis inequívoca do desleixo na atención sanitaria pública pola parte da Xunta de Galiza ao aforrar custos nun asunto tan sensíbel e necesario como é a saúde das persoas. Esta práctica é habitual tanto en Silleda, como mesmo nunha longa temporada no ano anterior no Centro de Saúde da Bandeira, e o único que conduce é ao empeoramento e saturación deste servizo público, todo por non prever as substitucións necesarias en baixas que se decantan como prolongadas.


MOCIÓN
Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguinte
ACORDO

1. Instar á Consellaría de Sanidade que dote de persoal especializado con absoluta cobertura para os centro de saúde do noso concello no caso de baixas do persoal sanitario.




Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda



SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]