Moción para o cumprimento da ordenanza municipal de uso, conservación e rehabilitación das edificacións

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No Concello de Silleda data desde o 22 de Abril de 2003, sendo Alcalde, José Fernández Viéitez, unha Ordenanza Municipal que consta de 13 artigos e unha disposición final, denominada Ordenanza Reguladora do deber de uso, conservación e rehabilitación das edificacións.

Practicamente sete anos despois da redacción de dita ordenanza municipal , pódese observar, sobre todo, nos núcleos urbanos de Silleda e da Bandeira, onde mesmo existen construcións con serio perigo de desprendementos, alén de falta de valados e arranxos, como por exemplo a clamorosa situación de construcións abandonadas con perigo e derrubamento e falta de ornato e limpeza no entrono da Rúa Alfonso Trabazo/ Rúa República Arxentina, polo que se comproba que non se cumpren moitos dos preceptos de carácter normativo que introducía a regulación, referida a aspectos de funcionalidade, salubridade, seguridade, ornato público e optativamente técnicos e estéticos, estendendo esta obriga por motivos de carácter estético ás fachadas e espazos visíbeis desde a vía pública (Artigo 4.1).

Tal como se expresa no Apartado III de Infraccións e Sancións, capítulo 8, incórrese nunha infracción urbanística co incumprimento da orde de execución das obras de conservación, renovación ou reforma necesarias, para manter as urbanizacións de iniciativa particular e edificacións en condicións de seguridade, salubridade e ornato público, tal como dispón o artigo 199 da Lei 2/2002 do 30 de Decembro

MOCIÓN
Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO

1.    Demandar da Alcaldía especial celo e dilixencia no cumprimento desta Ordenanza Reguladora vixente no Concello de Silleda



Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]