Moción sobre a mellora da sinalización urbana de Silleda e A Bandeira
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A sinalización urbana das nosas vilas (Silleda e A Bandeira) é fundamental para a seguridade tanto para o tránsito dos nosos vehículos como para o dos viandantes. Xa que logo dende o BNG e a peticións dos veciños e veciñas estívose a realizar unha pormenorizada análise da antedita sinaléctica, atopando numerosas irregularidades e eivas que se deberían corrixir.
Logo desta verificación mostráronse os seguintes problemas que poden entorpecer a circulación e mesmo converterse nun auténtico perigo para os peóns, polo que se tanta con esta proposta completar o plano de humanización e seguridade viaria.
Vila de Silleda:
- Esquinas Rúa Trasdeza con Avda. Do Parque e Rúa María Colmeiro, débese colocar o sinal de dirección prohibida a outra altura e máis adiantado.
- Paso de peóns de “lombos de burro”, isto é, máis elevados na Rúa Trasdeza, mellorando a iluminación.
- Esquina Rúa Trasdeza con Rúa Progreso, engadir un sinal de dirección prohibida á esquerda para mellorar a visibilidade de prohibición. Asemade levar a cabo a correcta colocación dos situados na marxe dereita, pois está colocado detrás do semáforo. Acontecendo algo similar na Rúa Mª Colmeiro con Rúa Trasdeza.
- Colocación dos sinais máis próximos aos semáforos para mellorar a visibilidade por parte dos condutores, sen dispersar a vista con varios indicadores.
- Retirada do primeiro “STOP” da Praza do Siñor Afranio coa Rúa Cartaxena, deixando un simple “ceda o paso”, ao se encontrar outro “stop” contiguo entre dita Praza e a Rúa Progreso
- Novos pintados en “pasos de peóns” e maiores advertencias horizontais nos cruzamentos.
- Retirada das “bandas sonoras” de diante do CEIP de Silleda, Estrada da Estación e Acceso ao Recinto Feiral, modificándoos por pasos de peóns elevados dos chamados “lombos de burro”
- Considerar a dirección única para a continuación da Rúa Venezuela que desemboca na Rúa Outeiro, mantendo a existente en toda a rúa Venezuela.
- Colocación dun “stop” na Praza de Outeiro na dirección á Rúa Pintor Colmeiro, pasando a funcionar esta como unha especie de rotonda.
- Colocación doutro sinal de “Stop” en mellores condicións –está demasiado baixo- entre o CEIP Silleda e a entrada á Rúa Progreso.
- Optimización da colocación do sinal de “prohibido virar a esquerda” entre a Rúa Xeral con María Colmeiro, talvez máis pegada ao semaforo para favorecer a visibilidade dos condutoes vindos do
Barrio de Campo.
- Coidase ncesaria a dobre sinalización nos cruzamentos (marxe esqueda e dereita) ao igual que existe en toda a Travesía de Silleda.
- Colocación de sinal da “parada de Taxi” agora inexistente. Considérase necesario o cambio da cabina de teléfono dos taxis para adiantala e, deste xeito, poderen saír cara a Avda. Do Parque na orde natural, isto é, do primeiro ao derradeiro e non como na actualidade, ao contrario da lóxica universal das paradas.
- Maior atención á superficie da “parada de taxi” levantada a causa do enraizamento das árbores da Avda. Do Parque.
Vila da Bandeira:
- Manténense solicitudes similares a Silleda, considerando necesarias a dupla sinalización nas duas marxes nos cruzamentos, renovar os pintados e maior sinalización horizontal.
- Elevación dos “pasos de peóns” na Rúa Xeral, optimizando considerabelmente a iluminación desta Rúa Xeral, hoxe en día escasísima ao anoitecer.
- Solicitudes de “stop” nos “calellos” que desembocan á Rúa Xeral e entre a Rúa Camilo José Cela en dirección á Xeral.
En xeral tamén se demanda a colocación de sinais reflectantes de advertencia que beneficien as condicións aos condutores e transeúntes, pois moitos destes sinais na actualidade mesmo están practicamente borrados.
MOCIÓN
Por isto, solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Que se estime esta moción para a subsanación dos problemas citados na sinalización de Silleda e A Bandeura
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA