Demandas das parroquias

1. O BNG leva varios meses facendo unha itinerancia polas parroquias do noso Concello na procura do coñecemento das necesidades, demandas e suxestións dos veciños e veciñas.

Neste pleno trátanse os seguintes  rogos á Alcaldía.

Demandas dos veciños e das veciñas das parroquias de:


Piñeiro:

Arranxo das pistas da Parroquia de Piñeiro nos lugares de:
    . A Veiga dirección Portapiñeiro
    . A Veiga dirección Santifoga
    . Pista de saída de Castro Castriño
    . Pista de Rielos dirección Portapiñeiro
    . Pista da Igrexa
    . Pista saída da Igrexa en dirección ao lugar de Cuíña
    . Pista de Cuíña dirección Barravaite (Lamela)
    . Pista de Portapiñeiro dirección Lamela
    . Pista de Castromonde a Cuíña (acceso pola parte de abaixo da vía, mesmo desaba coa auga)
    . Pista de acceso a Castromonde e Campo (en pésimo estado)
    . Camiño do Souto cara Romarín (a carón da vía do tren, tamén en moi mal estado)
Adecentamento da Vía da Prata nas Casas do Monte (deixar marxes para baixada da auga, nivelado do camiño e limpeza)
Apoio para a actualización de planos e lindes do Monte
Fontes públicas sen arranxar (Basteiros, Portapiñeiro, Campo, Cuíña e Castromonde)
Foron retiradas dúas marquesiñas nos lugares de (Carricova en Basteiros e Portapiñeiro) para a parada do autobús e non se volveron repor.
Melloras con posíbel ampliación do local social de piñeiro, realizado polos veciños, polo que se cre necesario un apoio institucional para este proxecto.


Dornelas:

Falta de máis luz pública nos lugares, por exemplo no propio cemiterio
Arranxo completo das pistas prexudicadas polo AVE
Arranxo das pistas do lugar de Bascuas (lugar de Gonxar)
Reposición das marquesiñas da parada de autobús
Acondicionamento da Área de lecer da Brañiña no Camiño de Santiago
Falta de Puntos de luz e contedores

Breixa:

Arranxo da pista que discorre pr debaixo do túnel da vía do tren no lugar da Pena
Arranxo pista concentración Casa do Campo en Castro en dirección a Saídres
Arranxo accesos á igrexa e lugar de Outeiro




Cira:

Petición de servio de auga para o cemiterio.
Pista en mal estado no límite co Concello de A Estrada, no lugar de As Lagoas, na curva do río Ulla.
Queixa xeralizada pola non potabilidade das fontes públicas. A Auga da traía está contaminada.
Mal estado da Pista do Castelo polo uso das obras do AVE.


Ponte:

Petición para a Estrada Silleda-Vila de Cruces á altura de Casderrei: espello na semirrotonda e máis liñas discontinuas para acceder aos lugares.
Traída de auga para o resto da parroquia e nó en Rosende onde xa está preparada . Cren que ampliando o diámetro da tubería podería ser posíbel.
Problema na Fonte publica de Aldea de Abaixo, pois mete area para as casas e na Fonte de Casderrei, que corre perigo de derrubamento contra a estrada. Lémbrase que a fonte de Piñeiro en Rosende parece ser que está contaminada.
Vertedoiros incontrolados en: Tras do Agro, A Lomba, Cima Goncín, xunto á via do tren
Problemas nas pistas de: Aldea de Abaixo (en mal estado), Pista que baixa desde a estrada a Vila de Cruces a Rosende, Pista e San Miguel no Sino
En tempada de caza adoitan verse cans ceibos abandonados pola parroquia.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]