Crítica a liquidación do orzamento do 2008
Afirma textualmente a interventora na memoria estado de liquidación do orzamento que hai un retraso na rendición da Conta Xeral do exericicio 2008 o cal é consecuencia de que a mesma se prodúcese unha vez liquidado o exercicio económico, que xa se produciu con retraso. A liquidación ten estar prepara o 1 de marzo, dar conta ao pleno nesa altura e enviala aos organismos correspondentes: Xunta e Estado.
Séguense a subir os gastos de persoal en 165.000 euros, subiron os gastos correntes en 909.951 euros, e xustamente se baixaron os investimentos en 94.000 euros. A dédeda con provedores reducíuse en 650.664 euros, mais a débeda con entidades bancarias a curto prazo incrementouse en 476.976 euros, ou sexa que se lle pagou aos provedores a través de procurar un crédito bancario que tiña que ter liquidado en agosto e aínda está sen pagar, polo tanto a redución real da débeda é de 173.000 euros.
Vense incidindo na mesma política que o PP subindo en gastos correntes e de persoal, na débeda con entidades bancarias e diminuindo os investimentos. Precisamente o contrario que sempre defendeu o BNG: a redución de gastos correntes e de persoal para poder amortizar a dédeda con povedores e incrementar os investmentos con fondos propios. Vaise eternizar a débeda converténdoa deixádoa aí a longo prazo en operación tras operación feita desde a Alcaldía