Rogos e Preguntas

A política señoras e señores membros da corporación é o bo goberno e xestión a servizo da comunidade, neste caso a comunidade é o concelho de Silheda, o noso querido Trasdeza, do que nós os concelheiros que nos atopamos aquí no exercicio ds nosas funcións representamos a democracia representativa, derivada do exercicio de democracia direct que exercen os cidadáns nos procesos eleitorais.
A democracia delega en en nós, como membros das institucións a encomenda de dialogar, debater e aprobar finalmente unha serie de cuestións que se entende que son para o beneficio a sociedade, do povo.


Para min recén chegado a este cargo, non á política local que levo seguindo xa hai bastantes anos, é indignante ver como se antepón en numerosas ocasións a política mediática,  popularmente chamada política da foto sobre o diálogo, o debate e a defensa do interese social das vecinhas e vecinhos e  como aquí se debate neste pleno desde as filas do PP sobre o que significou o seu desgoverno.
A este respeito tenho unha serie de rogos e preguntas que quero que axuden a esclarecer a luz cegadora e o disparo de neve, parafraseando aquí o cantautor cubano Silvio Rodríguez, que supón dar preeminencia á política mediática, á da foto, mesmo obviando o  cumprimento das normas. Eu non desexo que esta parcial información que lhe chega á poboación chegue á famosa sentenza que nos medios arxentinos se comentou non hai moito tempo logo das eleicións lexislativas: “que facil é enganar a un pobo”.

1.- Dacordo coa Lei de Facendas locais a señora alcaldesa ten que elaborar a liquidación do orzamento en marzo e dar conta no primeiro pleno que se celebre. Isto non se fixo así e en agosto deu conta dela aos medios de comunicación e hoxe, primeiro pleno no que se tería que presentar non o fai así.
Entendemos que se faga por comodidade, mais isto é coartar...

O rogo por favor é que desde a Alcaldía se dea conta ao pleno da liquidación do orzamento de 2008  e a conta xeral que debería estar aprobada a principios de outubro, o día 1, sabendo ademais que ten unha exposición pública de 28 días e previamente tería que discutirse na Comisión especial de contas...Polo que isto xa tería que vir aprobado no mes de xullo....

Entendemos ben que prefira darlle conta aos medios de comunicación porque eles van recoller as súas manifestacións, apresentando unha magnífica xestión, cando a cúa realidade nos di que:

Se seguen a subir os gastos de persoal en 165.000 euros, subiu os gastos correntes en 909.951 euros, e xustamente se baixaron os investimentos en 94.000 euros. Despois de todo o que leva latricado sobre a baixada da débeda, segundo a liquidación do orzamento de 2008:

A dédeda con provedores redicíuse en 650.664 euros, mais a débeda con entidades bancarias a curto prazo incrementouse en  476.976 euros, ou sexa que vostede pagoulle aos provedores a través de procurar un crédito bancario que tiña que ter liquidado en agosto e aínda está sen pagar, polo tanto a redución real da débeda é de 173.000 euros.

Vense incidindo na mesma política que o PP subindo en gastos correntes e de persoal, na débeda con entidades bancarias e diminuindo os investimentos. Precisamente o contrario que sempre defendeu o BNG: a redución de gstos correntes e de persoal para poder amortizar a dédeda con povedores e incrementar os investmentos con fondos propios.

Pregunta:

Polo que se reduce a débeda cos provedores e se aumenta a débeda bancaria.
Como se van pagar os 454.091,99 euros da operación de tesouraría co BCL que tiña que ter pago en agosto. Vaise pagar ou vaise eternizar a débeda converténdoa  deixádoa aí a longo prazo en operación tras operación feita desde a Alcaldía sen pasar pola aprobación do peno municipal, nin tan sequera o coñecemento directo e anterior por parte desta corporación tal como facía asiduamente o primeiro Alcalde do Partido Popular, Juan Salgueiro ?


Pregunta:

Por certo, outra cuestión: lembrará que o BNG en xunho de 2007 deulle a confianza a vostede para investila como Alcaldesa deste Concello entre outras cousas, a cambio de que se fixese unha auditoría económica desde que neste Concello se recoñeera o inicio da débeda, isto é desde había 20 anos.

Pregunta:

Logo de máis de dous anos no goberno, de dous anos de telos sustentado no goberno. Está feita a auditoría?
 



2.-Direille que desde este grupo de goberno actual se promociona unha revista, boletíns, saba, denominda Trasdeza nesta edición co título Silleda ten unha nova cara, que nn sabemos se será premonitorio. Baixo o meu criteiro transcende o lexítimo deber de respeitar o dereito dos sillednses a seren informados. Este boletín cargado de auténtica propaganda partidaria, mesmo ofrece comentarios literais e acusacións que non son de recibo nunha revista informativa saída da administración local.

Rogo por favor que daquí en adiante se se te pensado seguir editando tal publicación, procure ser aséptica e obxectiva na información, pois do contrario verémono obrigados desde o BNG e suponho que tamén desde as demais forzas políticas represetadas no concelho que se nos faga un oco dunha ou varias páxinas para incluír as nosa visións como organizacións políticas.

3.- Rogo por favor:

Escrito de Dª Mª Belén Rozas Iglesias, Rexistro de Entrada nº 3370, de data 14 de xullo de 2009, no que expón que catro cans ceibos, propiedade de Dº Elias Otero Herminda, con domicilio no lugar de O Marco (Siador), atacaron un cabalo montado polo seu fillo tirando e causándolle lesións na espalda, polo que solicita a retirada destes cans por parte do dono ou por parte do Concello.

    A Xunta de Goberno Local, por unanimidade, faise eco desta queixa.

Que é o que se decidiu. Facerse eco non é unha resolución

4.- Rogo por favor

Non hai goberno. Non se decide nas comisións que por certo, ten delegadas as competencias
Trasládanse as cousas aos concelheiros e non se sabe o que eles deciden finalmente.


5.- Pregunta:

Vista a facturación do 15.05.09 ao 31.07.07 que nos enviaron resulta que se aprecia un gasto de gas que nalgún caso contrasta demasiado. Pódenos explicar a que se debe a abismal diferenta entre o gasto na Casa da Xuventude e Casa da Cultura e a Casa da Música?

15/05/2009 31/07/2009 CASA DA XUVNETUDE.
REPSOL BUTANO,465,50

15/05/2009 31/07/2009. CASA DA CULTURA. 361,66

CASA DA MUSICA.
79,39


6.- Pregunta:

Mala práctica no acceso regular á documentación pública:
Actas por lei 10 días despois da comisión de governo.
Facturas demoradas continuamete.

Rogo por favor que a documentación das sesións plenarias e nos achegue con algo máis de antecedencia para poder revisala, no noso caso,  coa maior atención, interese e dedicación

Rogo por favor chégannos queixas de veciños da rua do Castrelo en Silleda por un solar en mal estado de conservación, con maleza e grande insalubridade, maesmo se teñen visto saír ratas do mesmo.

Rogo por favor que se galeguicen os folletos informativos da Escola de Fútbol promovia polo Concello de Silleda e a Fundaión Celta de Vigo, xa que os poderes públicos, a administración local en concreto teñen que potenciar e utilizar como lingua o galego.

Rogo por favor xustificando a nosa posición como nacionalistas pedimos que daquí en adiante as augas que se lle serven á corporación sexan de marca galega aproveitando que temos un país tan rico en auga.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]