Pistas de tenis de O Castro
EXPÓN
Visto que a afección ao deporte do tenis neste concello non é nada desdeñábel e que cad vez ten máis participantes que tentan levar a cabo esta práctica deportiva en pavillóns ou mesmo recintos privados.
Considerando que na Parroquia de O Castro habilitáranse hai uns anos unha pistas de tenis que co paso do tempo acabaron por non teren mantemento e seren totalmente descoidadas.
PROPONSE Á ALCALDÍA
Reparar na medida dos posíbeis a superficie das pistas, conxuntamente co material preciso para levar a cabo esa práctica físico deportiva.
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda