Arranxo de pistas
EXPÓN
Por comentarios e peticións reiteradas pola parte de diversos veciños dalgunhas das parroquias do Concello de Silleda perante o mal estado xeral das pistas dos seus lugares respectivos en:
- Cortegada: Camiño de Segade, nun estado lamentábel mesmo sen asfaltado
Acceso a Cortegadela, inzada de buratos
- Breixa: Pista de Castro a O Campo e Pista da Igrexa a Outeiro. As dúas en mal estado, nomeadamente a primeira
- Taboada: Pista no lugar de Taboada Vella que atravesa o Couto de Morouzón que comunica Reboredo coa Panadería, aínda sen asfaltar.
- Problema xeralizado no Concello é a falta de gabias nas marxes pistas, deixándose na actualidade unha superficie plana sen afondar, polo que coa choiva e a auga se estragan enseguida .
Considerando de fundamental interese atender estas peticións.
Polo exposto presenta ao seu debate e aprobación a seguinte
PROPONSE Á ALCALDÍA
- Proceder ao asfaltado e arranxo das devanditas pistas.
- Tomar as medidas opotunas para deixar gabias en cada unha das pistas que se vaian arranxando de aquí en adiante, procurando con isto unha maior duración das mesmas.
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda