Vía da prata por Silleda

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


Cada vez son máis os peregrinos que percorren o Camiño de Santiago pola denominada Vía da Prata. Todos e todas os podemos observar como polo noso Concello entran por Taboada para encararse cara á capital municipal e de aí a Margaride, Chapa, Mánduas, Lamela, abandonando o noso concello por Piñeiro e Dornelas e pernoctando na maior parte dos casos, por é Trasdeza parada case obrigada.

É inminente a chegada do Xacobeo 2010 do que estamos ás portas e por tanto, previsíbel un considerábel incremento da peregrinaxe a Compostela e co é de prever, da chegada dun maior númeroo viandantes do camiño ao noso Concello, así como tamén será notábel o aumento do turismo na nosa zona, pois é de lembrar que as paraxes e monumentos do Trasdeza, son de especial agrado para os visitantes (Mosteiro de Caboeiro, Cadeiro do Toxa, Férveda de Escuadro, Ponte medieval de Taboada, igrexas de Taboada, Breixa, Ansemil, etc.)

Tense comprobado a través do tempo que no paso da Vía da Prata polo noso Concello persisten algunhas deficiencias que se deberían ir subsanando, non só xa pensando  2010, senón que mesmo para dotar o Camiño de mellores coidados e maiores recursos. Ben desde o punto de vista do propio estado do percorrido, ben desde as posibilidades de aloxamento público. A respecto disto último debemos lembrar que o albergue actual se encontra moi desviado do propio camiño e non nas mellores condicións, pois só ofrece os servizos mínimos, polo que a proposta veciñal de asentalo en Mánduas nos parece axeitada, tentando darlle con isto un pulo á vila da Bandeira.

MOCIÓN:


Por todo isto, o BNG proponlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO:


1.    O adecentamento e mellora do percorrido da Vía da Prata ao seu paso polo concello de Silleda.
2.    A mellora integral da información turística do noso concello pensando no ano 2010, realizando os convenios que foren precisos para ofertar as visitas a todo o noso patrimonio natural e monumental.
3.    A realización dun proxecto que dea pé a solicitar a construción dun novo albergue de peregrinos na parroquia de Mánduas.
4.    Facer as xestións precisas para que o actual albergue de Medelo pase a ser municipal e convertelo así nun centro xuvenil e de lecer.

Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]