Colectores do lixo

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Sabido é por todos e todas que a implantación da recollida de lixo no Concello de Silleda é un ben necesario tanto nas nosas vilas de Silleda e A Bandeira como en todos os lugares das nosas 33 parroquias. Tamén é coñecida logo de varios anos a problematica existente en moitos núcleos de poboación á hora de levar o lixo aos contedores, unhas veces polo afastamento destes das casas e mesmo outras pola falta deles perto das vivendas e dos núcleos de poboación

A recollida  de lixo en Silleda prevese na teoría para aqueles residuos orgánicos, inorgánicos (envases), papel-cartón e vidro, para o que existen catro tipo de colectores (verde, amarelo, azul e verde máis volumino, respectivamente), que en moitos dos casos se atopan  dispersos e en mal estado, podéndose apreciar só na práctica a presenza de todos os contedores descritos nos núcleos urbanos, mais non no rural, onde ás veces, uns fan as funcións dos outros.

MOCIÓN:


Por todo isto, o BNG proponlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO:


1.    Que se repoñan os colectores do lixo naqueles lugares onde o tempo acabou por estragalos.
2.    Que se complete a colocación en todos núcleos de poboación e rúas onde esta é deficitaria en número e por causa do afastamento das casas, tendo en conta os diferentes modelos exixidos para a reciclaxe.
3.    Que se complete a recollida do lixo en todas as súas vertentes, para o que se demanda a colocación de contedores previstos para proceder á necesaria reciclaxe tamén no rural.
4.    Que nas vilas se optimice a reciclaxe, concentrando os contedores de diversos tipos e distribuíndoos segundo as necesidades dos veciños e veciñas de Silleda e A Bandeira.

Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]