Plan E

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O BNG de Silleda considera que os 990.000 euros cos que contará o Concello de Silleda provenientes do FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E A SUSTENTABILIDADE LOCAL de 2010 deben cinguirse a unha distribución dos investimentos que sexan xeradores de emprego, con actuacións de carácter social, de competencia municipal, que contribúan  á sustentabilidade económica, social e ambiental,  seguindo o espírito no que o Plan se redixe e non tomándoo como un mero reparto de diñeiro en función de intereses que non persigan os obxectivos descritos.

A distribución da poboación no territorio trasdezao caracterízase precisamente pola súa elevada dispersión, con poboacións concentradas en pequenos núcleos poboacionais que complican e fan máis custosos os servizos públicos a ofrecer aos seus veciños e veciñas. Circunstancia que obriga ao noso concello a realizar investimentos superiores aos que se realizan en territorios onde a poboación se concentra en grandes núcleos de poboación. O feito de contar cun gran número de núcleos de poboación obriga a un maior número de investimentos, xa que logo, os recursos que se invistan no noso concello deberán asignarse tendo en conta tamén esta realidade, así como o elevado avellentamento da pobocación de Silleda.
As propostas que se realizan a seguir son actuacións fundamentais para o Concello de Silleda e deben ser interpretadas como, non excluíntes doutras, mais si necesarias no camiño de sentar as bases para a creación de emprego estábel no futuro, e non só de forma estacional, e o aforro a partir de investimentos que a curto e a medio prazo van supor máis liquidez para poder levar a cabo unha xestión municipal con maior solvencia económica:


1. PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA E DO EMPREGO

Proxecto  para dotación de solo industrial para as pequenas empresas e autónomos no consecución dun Viveiro de empresas na propiedade municipal do Parque empresarial Área 33 .

2.- EFICIENCIA ENERXÉTICA

Substitución do alumeado público e espazos públicos de propiedade municipal polo de baixo consumo e aforro enerxético.

Estudo da viabilidade de colocación de Placas Solares térmicas e fotovoltaicas nos edificios de propiedade municipal e no Parque empresarial Área 33.
 

3.- MELLORA DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS TELECOMUNICACIÓNS

- Conexión á rede no rural.

- Optimización e dinamización da información mediante informatización de toda a administración (xestión de servizos e comunicación)

4.- MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

- Adecuación da rúas das nosas vilas (Silleda e A Bandeira)

- Edificios de propiedade municipal e centros sociais das parroquias

5.- EFICIENCIA NA XESTIÓN DE RECURSOS HÍDRICOS
    
- Remate dos proxectos xa iniciados de captación de augas nas parroquias de Saídres, Parada, Piñeiro...

-Investimentos necesarios para a mellora e abaratamento dos custos do servizo municipal de abastecemento e saneamento de aguas.

 6.- PROPOSTAS PARA A MANCOMUNIDADE TERRAS DE DEZA

- Proxecto comarcalizado de recollida de residuos.

 - Iniciativa turística, patrimonial e etnográfica conxunta: Adecentamento, sinalización e divulgación dos lugares de interese da comarca de Deza.


MOCIÓN:

Por todo iso, sométese á consideración do Pleno a aprobación do seguinte

ACORDO:

1.    Que se tomen en consideración por parte da Corporación Municipal de Silleda as propostas expostas á hora de definir os proxectos de investimento do Fondo estatal para o emprego e a sustentabilidade local de 2010.




Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]