Centro de día
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
No seu discurso de investidura, o actual presidente da Xunta de Galiza comprometeuse a construír un centro de día en todos os concellos con poboación superior aos 1.500 habitantes, é dicir, nun total de 261 concellos galegos. O BNG non vai deixar de amosar a súa satisfacción polo que significaría esta medida para os concellos de Galiza, tendo en conta ademais que en 16 anos de goberno do Partido Popular, entre 1989 e 2005, non se construíu nin existía un só centro de día público no noso país fronte aos 57 promovidos polo BNG desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza entre 2005 e 2009.
Tendo en conta os 57 centros xa existentes, o compromiso do presidente da Xunta permitiría a posta en marcha de 204 novos centros de día públicos para persoas maiores. Inxente traballo que merece o apoio e ofrecemento do BNG para colaborar en conseguir este obxectivo.
Posto que no noso concello non existe centro de día é que ten máis de 1500 habitantes, o noso concello será beneficiario durante esta lexislatura da construción dun centro de día. É preciso, polo tanto, que esta actuación se planifique e realice no menor tempo posíbel, e que coñezamos os detalles da súa execución (licitación, prazo de execución, orzamento, …) así como a futura prestación do servizo (número de prazas, cadro de persoal, …)
Por isto solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte
MOCIÓN:
Por todo iso, sométese á consideración do Pleno a aprobación do seguinte
ACORDO:
a) Que proceda a licitar a construción do centro de día prometido para este concello polo actual presidente da Xunta de Galiza no seu discurso de investidura.
b) Que informe a este concello sobre orzamento, prazo de execución da obra e posta en funcionamento do centro de día.
c) Que informe a este concello dos servizos que prestará o centro de día, do número de prazas e do cadro de persoal.
1. Que se tomen en consideración por parte da Corporación Municipal de Silleda as propostas expostas á hora de definir os proxectos de investimento do Fondo estatal para o emprego e a sustentabilidade local de 2010.
Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE SILLEDA