Ambulancia Medicalizada

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A importancia dunha atención pública de calidade para unha vida sustentábel convértese nun dos principais obxectivos da nosa sociedade. Todos e todas somos conscientes de que unS bos coidados sanitarios son fundamentais para os doentes, mais tamén coñecemos o fundamental que é ter a man, nuns intres, sobre todo nun concello eminentemente rural coma o noso cunha dispersion poboacional en 33 parroquias e centos de lugares, Do mellor servizo de transporte de enfermos con toda as garantías, que sirva para levar a estes ao centro sanitario ou hospital coa maior das celeridades e coidados médicos, o que en moitos dos casos pode supor salvar vidas.

MOCIÓN:
Por todo isto, o BNG proponlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO:
1.    Que se dote ao Concello de Silleda dunha ambulancia medicalizada para o transporte de enfermos.
2.    Realizar as xestións necesarias perante a Xunta de Galiza –véxase Consellarías de Sanidade e/ou Presidencia- para acadar este servizo básico no noso concello.


Asdo./ Matías Rodríguez da Torre
Concelleiro do BNG en Silleda

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]