Novas

  

O BNG solicita que se recollan os aceites domésticos usados

maio. No pleno do mes de maio o  BNG ven de solicitar no concello de San Cibrao, mediante unha moción que se leve a cabo un convenio con empresas asentedas no Polígono Industrial especializadas na reciclaxe, para a recollida selectiva de aceites domésticos usados. [+]


Xa está na rúa un novo Boletín do BNG

San Cibrao. 14 de abril 2011

Pódelo descargar  para visualizalo [+]


O BNG vota en CONTRA dos orzamentos do 2010 por "despilfarradores".

San Cibrao das Viñas, 26 de marzo 2010.

O BNG votou no pleno ordinario de onte, EN CONTRA dos orzamentos presentados polo PP para o ano 2010.

Son uns orzamentos presentados  fóra de prazo, posto que xa van tres meses do ano. Son continuístas respeto ao ano anterior, xa que seguen a perseverar nos mesmos defectos e os mesmos males que os anteriores orzamentos.

A previsión de ingresos, soamente baixa un 5% respeto ao ano 2009, a pesares da grave crise económica, debido a que o PP volve a subir os impostos do catastro un  10% e o do lixo un 50%.

O PP segue a aumentar o gasto en Persoal un 2% máis; aumenta o peso dentro do orzamento da partida de Gastos correntes un 1%;  e a gran perdedora volve a ser outro ano máis as Inversións Reais, pasando dun 26% a un 23%, e quedándose xa por debaixo do millón de euros.

O BNG solicitou que a Alcaldesa rebaixe o seu soldo un 10%, quedandose con 2900 euros mensuais; que lle retire as 14 nóminas de 1587 euros, a Concelleira de Muller e Cultura  por non ter partida económica que xestionar e que rebaixe un 50% as  indennizacións aos Concelleiros por asistir ás Xuntas de Goberno, Plenos e Comisións.

Ademais o BNG  denunciou o despilfarro dos cartos públicos que realiza o PP, mostrando como exemplo:

- Polbo.................................1.187, 70 euros.

-Publicidade....................+ de 31.000 euros

-Agasallos de Nadal..... 15.636,80 euros.

-47 Cestas de Nadal...... 6.085,09 euros.

  [+]


O BNG DE S. CIBRAO AGRADECE O APOIO DOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE NOS VOTARON

A candidatura do BNG de S. CIBRAO  queremos agradecer a todas as persoas que decidiron darnos o seu voto.

Desde xa, o Grupo Municipal do BNG  de S. Cibrao comenza a traballar nas propostas recollidas no noso programa co que nos presentamos a estas eleccións municipais.

Seguiremos a traballar con honradez e coherencia facendo unha oposición firme pero responsable e constructiva. Estaremos cos problemas da xente, como estivemos sempre, a disposición de todos os veciños e veciñas do concello de S. Cibrao, e abertos a todas aquelas persoas que queiran aportar o seu gran de area para tratar de mellorar o noso Concello [+]


CANDIDATURA DO BNG

1.- Miguel Alvarez Campos

2.- Manuel Estevez Viriato

3.- Noelia Romero Vilarchao

4.- José Losada García

5.- Xiana Iglesias Fornos

6.- Fran Santos González

7.- Moncho Dasilva Boo

8.- José Manuel Blanco Rodríguez

9.-Venecia Guzmán Castillo

10.- Maite García Abadín

11.- Mª Luz  Núñez Ocampo

      SUPLENTES

1.- Antonio Menor Insuela

2.- Celso Barba Seara

3.- Mª del Carmen  Gamallo Pereira

4.- David Alonso Grande

5.- Lucía Alvarez Campos

6.- Orlando Fernández González

7.- Benigno Fidalgo Moreiras

8.- Mª del Carmen López Cid

9.- Iria Estevez Saínza [+]


O PARTIDO POPULAR DE SAN CIBRAO DILAPIDA CARTOS PÚBLICOS EDITANDO UNHA REVISTA DE PROPAGANDA ELECTORAL

San Cibrao das Viñas. 16 de marzo de 2011

Cun Custe que pode superar os 6.000€, o PP de san Cibrao ven de repartir entre os veciños e as veciñas unha revista puramente electoral na que destacan a retirada da alcaldesa, e o anuncio, cunha entrevista, do que vai ser candidato á alcaldía polo PP nas vindeiras elecsións municipais.

En tempos de crise, tal como apunta o voceiro do BNG, Miguel Álvarez Campos, e cando hai tantas familias pasando graves problemas económicos, o goberno do PP dilapida cartos públicos para lanzar ao seu candidato.

O PP utiliza fondos públicos para cuestión de partido na vez de empregar os cartos en axudar ás familias e ás persoas que están sofrindo os efectos da crise.

Segundo o portavoz nacionalista, é un descaro por parte do PP estar a gastar fondos municipais en pura propaganda partidista cando hai apenas un mes cortaron a alumeado da 525 para aforrar, cando están pandentes de pago varias multas polos reiterados vertidos ao Barbaña. [+]