Novas
O novo Pavillón de Deportes non cumpre coas medidas regramentarias.
Decembro 09. A mala xestión e a pouca capacidade da Alcaldesa e o seu grupo de goberno, levou a destinar o orzamento do FEIL 2009, na súa totalidade, a construción dun pavillón que non ten as medidas mínimas para poder xogar ao fútbol sala ou ao baloncesto. Polo que esta infraestructura, a pesares de custar 734 mil euros, non pode cumplir o fin para o que foi deseñado, [+]
O BNG demanda a través de 8 actuacións, solucionar de forma definitiva as verteduras ao Barbaña.
San Cibrao, 28 de xaneiro de 2010
O BNG ven de demandar que a través de 8 actuacións, se eliminen de forma definitiva as verteduras contaminantes ao río Barbaña. Aínda que, non podemos nin debemos esquecernos de que existe responsabilidade política, por non ter tomado nin efectuado ningunha medida para que se eviten as contínuas e reiteradas agresión ao río.
Debe ser desde Concello de San Cibrao, de onde partan todas as iniciativas co fin de erradicar as verteduras ao río, e non comportarse como un suxeito pasivo e inactivo como ate agora ven acontecendo. [+]
O Río Barbaña volve a sufrir unha nova vertedura contaminante.
San Cibrao, 8 de xaneiro do 2010.
Como aconteceu o pasado 24 de xuño do 2009 na tarde de onte, volveu chegar un novo vertido contaminante ao río Barbaña,que procedente da rede de sumidoiros chegou á depuradora municipal de San Cibrao e désta foi parar directamente ao río sen ningún tipo de control nin tratamento.
Desde o BNG esiximos responsabilidades aos representantes políticos - grupo de goberno do PP- por non ter tomado as medidas oportunas para que este tipo de vertidos non se repitan de forma recurrente. [+]
A pesares das grandes carencias existentes no Concello,o grupo do PP ten sen gastar 712 mil euros do ano 2008
22 de decembro 2009. Cando estamos finalizando o ano, quedan sen gastar case que 712 mil euros do orzamento do 2008 (711.904,31 euro).
Que o Concello de San Cibrao teña nuha conta 712 mil euros non é froito dunha boa xestión, como algúns poden pensar, senón que é froito de non investir o diñeiro dispoñible ou non ter capacidade para facelo . [+]
O BNG demanda un novo efificio para o Centro de Saúde de Ponte Noalla.
Novembro. O BNG ven de demandar a través dunha moción no pleno de novembro, aque o concello de San Cibrao inste a Xunta de Galicia a que nos orzamentos do ano 2010 adique unha partida destinada a construcción dun novo edificio para o Centro de Saúde de Ponte Noalla.
A alcadesa e os seus concelleiros opuxéronse a esta solicitude, preferindo manter as veciñas e os veciños cun Centro de Saúde de reducidísimas dimensións. [+]
O BNG de San Cibrao critica que o PP aprobase unha convocatoria para otorgar subvención para mercar libros de texto que son imcompatibles coas axudas da Xunta.
Setembro. Desde o BNG esiximos que todas as familias de San Cibrao, con nenos e nenas en idade escolar teñan dereito a estas axudas. [+]